Anna Pavlyk nada o 26 de xaneiro de 1855 e finada o 13 de outubro de 1928, foi unha activista social e cultural ucraína, escritora e participante activa do movemento das mulleres en Galicia (Europa Central).[1]

Infotaula de personaAnna Pavlyk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1855 Editar o valor em Wikidata
Kosiv (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1928 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Lviv Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Lychakiv (pt) Traducir 49°49′53″N 24°03′24″L / 49.83142, 24.05657 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
Segunda República Polaca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUkrainian Radical Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMykhailo Pavlyk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Anna Pavlyk naceu na aldea de Monastyrske, territorio que despois formou parte da cidade de Kosiv. Debido ás condicións financeiras difíciles da familia, Anna non pudo atender a escola sistematicamente. Tivo un grande desexo de aprender e fíxoo ela mesma, lendo libros. Distribuía os libros e as revistas que lle enviaba o seu irmán Mykhailo Pavlyk entre a poboación de Kosiv debido ao cal foi perseguido polas autoridades locais.[2]

En 1877, Pavlyk foi arrestada e condenada dúas veces - en xaneiro e verán, xunto con Ivan Franko, Mykhailo Pavlyk, Ostap Terletsky, entre outras persoas.[2] Tamén foi arrestada en 1879 e 1880. Cada vez o tribunal emitiu unha sentenza de prisión.[3]

Traballos editar

Pavlyk escribiu artigos, ensaios e poemas. O seu artigo My and human sins, and lordly and popish truth é dedicada á inxustiza das autoridades. Escribiu o ensaio Zaribnytsia (Almanac "The First Wreath", 1887). Pavlyk Tamén escribiu poemas nos que falaba fortemente contra a inxustiza das autoridades e a extorsión de sacerdotes (Dishonesty, Pope's Conscience, Judgment of Fools), artigos xornalísticos (A sample of a peasant farmer from Kosiv), folclore gravado.[4]

A irmá de Mykhailo Drahomanov Olga Drahomanova-Kosach (seudónimo literario de Olena Pchilka), quen coñeceu a Anna Pavlyk por Ivan Franko, tivo interese no traballo da talentosa escritora.[5] En 1887, xunto con Nataliya Kobrynska, Pavlyk publicou un almanaque de obras de mulleres - autoras da rexión de Galicia e Naddnipro The First Wreath, na que o conto de Pavlyk foi imprimido.[5]

Na década de 1920, Pavlyk, quixo construír un orfanato na aldea Monastyrske, e mercou unha casa e terreo coa intención de que os escritores ucraínos enfermos poderían ir a descansar e facer o seu traballo creativo. Aínda que non chegou a facelo debido a morte repentina.

Anna Pavlyk morreu o 13 de outubro de 1928 na cidade de Lviv, onde foi enterrada. En Kosiv, unha das rúas foi nomeada após ela.

Notas editar

  1. "П-Пал. Енциклопедія українознавства. Словникова частина. Том 5". izbornyk.org.ua. Consultado o 2022-10-18. 
  2. 2,0 2,1 "Анна, сестра Михайла". Збруч (en ucraíno). 2018-01-31. Consultado o 2022-10-18. 
  3. редакційна колегія: голова колегії - В.А. Смолій [], Смолій, В. А.; et al. (2003). Енциклопедія історії України Енциклопедія історії України / Ent︠s︡yklopedii︠a︡ istoriï Ukraïny 8. нститут історії України (Національна академія наук України) (Entidad editora) y "Наукова думка" (Firm) (Editorial). p. 47. ISBN 966-00-0632-2. OCLC 56112443. 
  4. Hoel, Torlaug Løkensgard (1995-02-05). "Ti punkt om rettleiing i oppgåveskriving". Uniped 18 (2): 32–38. ISSN 1893-8981. doi:10.18261/issn1893-8981-1995-02-04. 
  5. 5,0 5,1 "Анна Павлик". Косівська центральна міська бібліотека Косівської міської ради (en ucraíno). 2010-12-07. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-18.