Anna Morandi Manzolini
Anna Morandi Manzolini, nada en Boloña o 21 de xaneiro de 1716 e finada no mesmo lugar o 9 de xullo de 1774, foi unha profesora de anatomía e escultora de figuras de cera italiana.
Anna Morandi Manzolini | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Anna Morandi |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1714 e 1714 |
Lugar de nacemento | Boloña |
Falecemento | 9 de xullo de 1774 e 1774 |
Lugar de falecemento | Boloña |
Ocupación | anatomista, escultora e pintora |
Cónxuxe | Giovanni Manzolini |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Recibiu un permiso especial para ensinar anatomía na Universidade de Boloña despois de que o seu marido Giovanni Manzolini, encargado da cátedra, enfermase de tuberculose ; Así, converteuse en profesora de anatomía ata a morte do seu marido en 1755 . O seu talento para facer figuras de cera nas que se copiaba detalladamente a anatomía humana valeulle o recoñecemento nas cortes europeas da Ilustración, e foi convidada á de Catalina II de Rusia, así como a outras cortes reais. [1]
Manzolini tamén creou dúas efixies de cera que actualmente se expoñen no Palazzo Poggi, en Boloña: unha delas é un autorretrato, onde se representa a si mesma diseccionando un cerebro humano; a outra efixie representa ao seu marido, na mesma actividade. [2]
NotasEditar
- ↑ Messbarger, Rebecca (2010). The Lady Anatomist: The Life and Work of Anna Morandi Manzolini (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-52081-0.
- ↑ http://himetop.wikidot.com/anna-morandi-manzolini-s-wax-self-portrait