Anna Lee Fisher

química, médica e astronauta estadounidense

Anna Lee Fisher, nada en Nova York o 24 de agosto de 1949, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-51-A. Foi a primeira nai en viaxar ao espazo. Está casada co tamén astronauta William Frederick Fisher.[1][2]

Infotaula de personaAnna Lee Fisher

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
San Pedro High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , química , médica Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo7 días, 23 horas e 44 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Familia
CónxuxeWilliam Frederick Fisher Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Fisher graduouse en química e medicina pola Universidade de California nos Ánxeles en 1971 e 1976 respectivamente. É máster en química pola mesma universidade en 1987.[1][2]

Foi seleccionada pola NASA como astronauta en xaneiro de 1978, participando na misión STS-51-A en 1984. Pasou un total de 7,99 días no espazo. Retirouse da NASA en 2017.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Fisher, Anna Lee Tingle" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (28 de abril de 2017). "Legendary Astronaut Retires from NASA" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar