Anna Coble

Biofísica estadounidense

Anna Jane Coble-Mullen[1] nada en Raleigh, Carolina do Norte en 1936 e finada o 3 de marzo de 2009, foi unha biofísica americana. Foi a primeira muller negra e obter un doutoramento en biofísica, e a primeira muller negra contratada na Universidade de Howard.

Infotaula de personaAnna Coble
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Howard (pt) Traducir
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiofísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Howard (pt) Traducir
Universidade Agrícola e Técnica do Estado da Carolina do Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Anna Coble, filla dun profesor da Universidade de San Agustín, interesouse polas matemáticas e a física.[2] Estudou matemáticas na Universidade Howard, obtendo unha licenciatura en 1958 e unha mestría en 1961.[2] Despois de graduarse, ensinou física na Universidade Estatal de Carolina do Norte A&T durante catro anos. Trasladouse á Universidade de Illinois en Urbana-Champaign para os seus estudos de posgrao, onde se converteu nunha defensora das minorías e das mulleres. [3] Completou o seu doutoramento en 1973 baixo a supervisión de Floyd Dunn. Pasou dous anos na Universidade de Washington en St. Louis estudando o impacto do ultrasón de alta intensidade nas ras.[2]

Investigación editar

Coble volveu á Universidade Howard, onde foi a primeira muller negra contratada na facultade. Pasou todo un verán buscando casas para 200 estudantes negros graduados, perdendo a súa propia investigación. Durante a súa estancia na Universidade Howard houbo un recorte de entre o 30 e o 40% nas bolsas de investigación federais. Formou parte de "Escribir a través do currículo".[4] Finalmente foi promovida a Profesora Asociada.[2]

Pertenceu á Sociedade Nacional de Físicos Negros.[5] Foi membro da xunta do Fogar Ionia Whipper, un refuxio para adolescentes abandonadas.[2] Desenvolveu recursos educativos para a Academia Nacional de Ciencias e o Consello Nacional de Investigación.[6]

Traballou coa Asociación Americana para o Avance da Ciencia e a Asociación Americana de Profesores de Física para apoiar aos grupos subrepresentados na ciencia.[3] Un proxecto, o Proxecto da Igrexa Negra da AAAS, levou a ciencia práctica (hands-on science) á mocidade da área de Washington.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar