Ani’qu ne’chawu’nani

canción

"Ani’qu ne’chawu’nani" é un himno e unha canción tradicional dos nativos americanos orixinaria do pobo arapaho que vivía nas chairas dos actuais estados de Colorado e Wyoming (nos Estados Unidos de América).

Descrición

editar

Aínda que a meirande parte dos nativos americanos consideran a canción como propia, o himno ten orixe nos pobos iroqueses do nordés.[1] Porén, un investigador asociado coa Canadian Broadcasting Corporation descubriu en 2017 que a canción proviña do centro dos Estados Unidos de América,[2] máis concretamente das tribos arapaho de Colorado e Wyoming.

Orixinal en arapaho Transcrición fonética Tradución[1]

Ani’qu ne’chawu’nani’,
Ani’qu ne’chawu’nani’;

Awa’wa biqāna’kaye’na,
Awa’wa biqāna’kaye’na;

Iyahu’h ni’bithi’ti,
Iyahu’h ni’bithi’ti.

Ani kuni kaunani,
Ani kuni kaunani;

Awawa bikana kaina,
Awawa bikana kaina;

Eauni bissini,
Eauni bissini.

Pai, teña piedade de min,
Pai, teña piedade de min;

Estou morrendo de sede,
Estou morrendo de sede;

Non hai nada, non hai que comer,
Non hai nada, non hai que comer.

Música

editar

De acordo co Fourteenth annual report of the Bureau of ethnology to the secretary of the Smithsonian institution (1896), o himno transcríbese na seguinte partitura a partir da versión orixinalen lingua arapaho:[1]

 


Versións e adaptacións

editar

Multitude de artistas fixeron versións da canción ao longo dos anos, entre os que destaca Madeleine Chartrand en 1973.[3] Natasha St-Pier tamén a versionou no seu álbum Mon Acadie (2015).

Versión de Polo & Pan

editar
«Ani Kuni»
Canción de Polo & Pan
do Álbum Cyclorama
Lanzamento 7 de maio de 2021
Formato
Gravada 2021
Xénero musical
Lingua(s)
Duración
Discográfica Hamburger Records, Ekler'O'Shock, Virgin Records (Francia)
Produtor(es)
Escritor(es) Canción tradicional arapaho
Cronoloxía
«Feel Good» «Ani Kuni» «»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

En 2021, o grupo musical francés Polo & Pan fixo unha adaptación da canción baixo o nome de "Ani Kuni" no seu segundo álbum de 2021, Cyclorama.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Powel 1896
  2. "The story behind "Ani Kuni"". Canadian Broadcasting Corporation. 2 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017. 
  3. Discogs; Ani-Kuni / Ca tourne en rond
  4. "Ani Kuni". YouTube. Consultado o 2 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar