Angostura, Bolívar

Angostura, tamén coñecido como Bolivariano Angostura e, antes de xuño de 2009, como Raúl Leoni, é un dos once municipio que conforman o estado Bolívar de Venezuela.

O municipio ocupa unha extensión de 56.916 km2 e, segundo estimacións do Instituto Nacional de Estatística de Venezuela, en 2011 tiña unha poboación de 40.918 habitantes (o que fai ue a súa densidade de poboación sexa de 0,83 habitantes por quilómetro cadrado).

A súa capital é a vila de Ciudad Piar.

O municipio anteriormente foi denominado Raúl Leoni, que foi presidente de Venezuela entre 1964 e 1969.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar