Angelita Paradela

mestra e pedagoga galega

Ángela Elisa Paradela Núñez, coñecida como Angelita Paradela, nada en Ourense en marzo de 1901 e finada na mesma cidade en 1991, foi unha mestra e pedagoga galega.

Infotaula de personaAngelita Paradela
Biografía
Nacementomarzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1991 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Paradela Núñez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid, e irmá de Francisco Paradela Núñez. Foi mestra da Escola superior de nenas de Ourense en 1914,[1] e foi nomeada mestra de Cortegada en 1915.[2] Comezou a dar clases de matemáticas na escola de Juan Xesta con 17 anos. En 1926 foi destinada á escola de Reádegos (Vilamarín). Pioneira en ideas durante a Segunda República, montou unha academia na rúa Capitán Eloy. Nos anos sesenta deixou a academia e creou un novo centro educativo para adaptarse á EXB na antiga Casa Cuevas da rúa Progreso.

Recoñecementos editar

Dende 2007 unha praza do barrio de Barrocás de Ourense leva o seu nome.[3]

Notas editar

  1. La Región, 7-2-1914, p. 2.
  2. Diario de Galicia, 30-9-1915, p. 1.
  3. Una vida dedicada a la docencia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar