Angeline Stickney

Chloe Angeline Stickney Hall, nada o 1 de novembro de 1830 e finada en North Andover (Massachusetts) o 3 de xullo de 1892 foi unha sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense, esposa do astrónomo Asaph Hall. Non empregou o seu primeiro nome, polo que foi coñecida como Angeline Stickney Hall.

Angeline Stickney
Nome completoChloe Angeline Stickney
Nacemento1 de novembro de 1830
Falecemento3 de xullo de 1892
Lugar de falecementoNorth Andover
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterNew-York Central College, McGrawville
Ocupaciónmatemática e sufraxista
CónxuxeAsaph Hall
FillosPercival Hall e Asaph Hall Jr.
Na rede
WikiTree: Stickney-939
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Angeline era filla Theophilus Stickney e Electa Cook.

Aínda que de familia pobre, Angeline Stickney foi capaz de asistir á Universidade Central en McGraw, Nova York coa axuda da súa irmá Ruth e por ensinar na universidade. Diplomouse en ciencias e matemáticas, facendo cursos de cálculo e astronomía matemática. A universidade central era unha escola progresiva onde estudantes con poucos medios, incluíndo mulleres e afroamericanos libres, podería lograr un grao universitario. Aí foi onde se volveu unha defensora apaixonda do sufraxio feminino e da supresión da escravitude.

Angeline Stickney e Asaph Hall coñecéronse na universidade. Stickney era dous anos máis vella que Hall[1] e era a súa instrutora en xeometría e alemán.[2] Durante os seus días xuntos como profesor e estudante, Hall e os seus compañeiros propuñan cuestións e problemas que pensaban que Stickney non podería solucionar, mais ela nunca fallou nas solucións.[3]

Stickney e Hall casaron en Elkhorn, Wisconsin o 31 de marzo de 1856. Inmediatamente após o casamento, a parella mudouse a Ann Arbor de modo que Hall puidese continuar a súa educación. Tres meses máis tarde, marcharon a Shalersville, Ohio.[2]

 
Residencia Stickney no barrio de Georgetown en Washington, D.C.

Stickney animouno a continuar a súa busca de satélites de Marte cando estaba a punto de abandonala, e finalmente logrou o éxito descubrindo Fobos e Deimos.[4]

O cráter máis grande de Phobos, o cráter Stickney, recibe o seu nome por ela.[4]

Morreu en North Andover, Massachusetts aos 61 anos.

Familia editar

Stickney educou na casa os seus catro fillos e todos asistiron á Universidade Harvard. O seu terceiro fillo, Angelo Hall, ministro unitario, escribiu a súa biografía. O seu fillo máis vello, Asaph Hall, Jr., naceu o 6 de outubro de 1859 e chegou a ser director do observatorio de Detroit entre 1892 a 1905. Os outros fillos foron Samuel (segundo fillo) e Percival (cuarto); Percival Hall (1872–1953) foi o segundo presidente de Universidade Gallaudet entre 1910 e 1946.

Notas editar

  1. Dick, Steven J. (2003-01-01). Sky and Ocean Joined: The US Naval Observatory 1830-2000 (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521815994. 
  2. 2,0 2,1 Whitesell, Patricia S. "Detroit Observatory: nineteenth-century training ground for astronomers" (PDF). Journal of Astronomical History and Heritage 6 (2): 69–106. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-12-2005. Consultado o 19-5-2014. 
  3. "Famous wife Hall". maia.usno.navy.mil. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2012. Consultado o 12-11-2016. 
  4. 4,0 4,1 Rothery, David A. (2015-11-26). Moons: A Very Short Introduction (en inglés). Oxford University Press. ISBN 9780191054211. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Chloe Angeline Stickney Hall". The Contributions of Women to the United States Naval Observatory: The Early Years. United States Naval Observatory. 14 November 2011. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2012. Consultado o 19-5-2014. 
  • Hall, Angelo. An Astronomer's Wife: The Biography of Angeline Hall. Baltimore: Nunn & Company, 1908. (Este libro está no dominio público nos Estados Unidos; pódese atopar en archive.org.)

Ligazóns externas editar