Angélica Liddell

(Redirección desde «Angélica González Cano»)

Angélica González, máis coñecida como Angélica Liddell, nada en Figueres en 1966, é unha escritora, directora de escena e actriz española que recibiu numerosos premios, entre os que destaca o Nacional de Literatura Dramática, o Leone d'Argento (León de Prata) da Bienal de Teatro de Venecia 2012 e o Premio Leteo 2016.[1] En 2017 foi nomeada Chevalier de l'ordre des Arts et des Lettres polo Ministerio de Cultura da República Francesa.

Infotaula de personaAngélica Liddell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Figueres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama, directing (en) Traducir, Actuación e psicoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , escenógrafa , diseñador de vestuario , interpreter musical (pt) Traducir , director teatral , dramaturga , actriz , psicóloga Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioA. Liddell Zoo
Angélica Liddell Zoo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2829920 Musicbrainz: cd8ca812-0897-4679-a2a2-de147e7d41bc Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi bautizada na mesma pía que o pintor Salvador Dalí e viviu até os sete anos en Figueres. De nena escribía historias tráxicas, unha maneira de fuxir da soidade de filla única que vivía nos cuarteis a onde a levaba a carreira do seu pai militar.[2]

Tomou o apelido Liddell de Alicia Liddell, inspiración do escritor Lewis Carroll para a súa obra Alicia no país das marabillas (1865).

Ingresou no Conservatorio de Madrid, que abandonaría tras decepcionarse cos profesores e a institución, para despois licenciarse en Psicoloxía e Arte Dramática.[2] Como dramaturga, debutou en 1988 coa peza Greta quiere suicidarse, co que gañou o primeiro premio dos moitos que despois recibiría.[3] En 1993 fundou, con Gumersindo Puche, Atra Bilis, compañía coa que montou numerosas obras. Tamén escribiu narrativa e poesía,e realizou performances.[1]

En 2010, acudiu por primeira vez ao Festival de Aviñón, onde levou dúas pezas, El año de Ricardo e La casa de la fuerza, obra na que se autolesionaba con cortes no corpo e coa que gañaría o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2012. En Aviñón «foi recibida co público en pé».[4] As cinco representacións que de La casa de la fuerza se fixeron no Théâtre de l'Odéon (Teatro do Odeón) de París foron tamén recibidas con ovacións en pé. En 2013, presentou no Odeón de París, dentro do Festival de Outono da capital francesa, El síndrome de Wendy, obra que alcanzou igual éxito.

Valoración editar

Entre os autores teatrais contemporáneos xurdidos a partir dos anos 1980, Angélica Liddell é un dos nomes máis valorados, como o demostran os variados galardóns co que foi premiada. O seu teatro, que foxe de toda dramaturxia convencional, tende a mostrar os aspectos máis escuros da realidade contemporánea: o sexo e a morte, a violencia e o poder, a tolemia... Os mitos antigos e modernos son algúns dos temas obsesivos da súa escritura.

No xornal El País, Javier Vallejo afirma que «Angélica Liddell autorretrátase sen pudor, como Frida Kahlo ou Charley Toorop. Na súa páxina web colga periodicamente fotos tomadas na súa casa ou en cuartos de hotel onde, vestida, espida ou disfrazada, transmite soidade, desasosego e algún lóstrego de felicidade repentina» e, co gallo da representación de Maldito sea el hombre que confía en el hombre, un projet d'alphabétisation (2011), agrega: «Aínda que é autora recoñecida, Angélica cativa, sobre todo, pola maneira feroz en que defende os seus textos sobre as táboas: da palabra fai unha baioneta calada. Cando carga con ela non hai quen se lle resista. Fráxil, miúda, en escena parece San Xurxo e o dragón metidos nun só corpo. Produce empatía e espanto».[5]

As súas obras foron traducidas a máis de dez idiomas e levadas a escena en diversos países de Europa e América.

Principios teóricos e estéticos editar

A dramaturga e directora de escena Angélica Liddell desentraña a relación entre o sacrificio e o poético na súa práctica teatral. Aclara esta relación nunha serie de conferencias, desde un punto de vista teórico, no volume El sacrificio como acto poético.  

A noción de artista editar

Para Liddell, arte e vida, escritura e biografía, creación poética e reflexión teórica manteñen nexos á vez evidentes e complexos. Separar as diferentes formas de expresión elixidas pola dramaturga ao longo do seu percorrido teatral é difícil.  

A noción de violencia editar

A violencia, tan explícita nas súas obras, adquire unha dimensión mitolóxica, porque afonda no máis profundo da condición humana e lévanos directamente ás nosas pulsións máis innomeábeis.  

A noción de sacrificio editar

En «Abraham y el sacrificio dramático», apartado oitavo da súa colección de ensaios El sacrificio como acto poético, Liddell fai unha reflexión ao redor da figura de Abraham, ao que Deus lle pide que sacrifique o seu fillo Isaac para probar a súa fe. Abraham, a pesar de que o mandato é desconcertante, pois supón transgredir as leis dos homes e mesmo a lei divina posto que Deus repudia os sacrificios humanos, leva o seu fillo ao monte Moriah para entregalo. No último momento, aparece un anxo para impedir o sacrificio. Este mito tivo multitude de explicacións teóricas, aínda que Liddell destaca a de Kierkegaard.   O sacrificio é por tanto exceso, belo exceso. Exceso liberador, exceso que pon en evidencia a represión dunha sociedade. O sacrificio é un asasinato en suspenso, está por tanto, por riba da ética.

A noción do sagrado editar

En «Quiero ser la locura de Dios (El desafío a la razón por parte de lo sagrado. La energía originaria)», apartado undécimo do sacrificio como acto poético, Liddell reflexiona sobre a distorsión do real (razón) a favor dunha experiencia delirante (o espírito).[6] Asociando esta distorsión ao estado de namoramento, que atopa a súa mellor expresión na poética relixiosa (Santa Tareixa de Ávila), intimamente relacionado coa adoración ao amado (Deus).  

Postas en escena editar

  • El jardín de las Mandrágoras, 1991; estreada o 27 de maio de 1993, na sala Ensayo 100 de Madrid baixo a dirección de Liddell[7]
  • Dolorosa, 1994
 
Angélica Liddell : You are my destiny (Lo stupro di Lucrezia)
  • Frankenstein, estreada o 8 de xaneiro de 1998 na Sala Cuarta Pared de Madrid[8]
  • La falsa suicida, estreada o 7 de xeneiro de 2000, na Sala Cuarta Pared de Madrid[9]
  • El matrimonio Palavrakis, 2001
  • Once upon a time in West Asphixia, 2002
  • Hysteria Passio, 2003
  • "Lesiones Incompatibles con la vida", 2003
  • Y los peces salieron a combatir contra los hombres, 2003
  • Y cómo no se pudrió Blancanieves, 2005
  • El año de Ricardo, 2005
  • Boxeo para células y planetas, 2006
  • Perro muerto en tintorería: los fuertes, 2007
  • "Broken blossoms", 2007
  • Yo no soy bonita, 2007
  • Anfaegtelse, 2008
  • Te haré invencible con mi derrota, 2009
  • La casa de la fuerza, 2009
  • Maldito sea el hombre que confía en el hombre: Un proyecto de alfabetización, 2011, espectáculo coproducido polos festivais de Outono e de Aviñón. É a primeira peza da súa triloxía dedicada a China
  • Ping Pang Qiu, 2ª peza da triloxía chinesa, 2012
  • "San Jerónimo", 2012
  • Todo el cielo sobre la tierra (el síndrome de Wendy), 3ª peza da triloxía chinesa, 2013[10]
  • Tandy 2014, do Ciclo de las resurrecciones.
  • You are my destiny (Lo stupro di Lucrezia) 2014, do Ciclo de las resurrecciones.
  • "Primera carta de San Pablo a los corintios" 2015 do Ciclo de las resurrecciones.
  • "Esta breve tragedia de la carne" 2015 da Triloxía do infinito
  • "Misteri e fuoco sulla via Francigena" 2015
  • "El orgullo de la nada" 2016
  • "¿Qué haré yo con esta espada?" 2016 da Triloxía do infinito
  • "El Decameron" 2016
  • "Toter hund in der chemischen reiningung: die starken" (coa compañía Schaubuhne de Berlín) 2017
  • "Génesis 6, 6-7" 2017 da Triloxía do infinito
  • Esta breve tragedia de la carne (This Brief Tragedy of the Flesh), 2018. Alexander Kasser Theater (Nova Jersey, NJ - Estados Unidos)
  • Una costilla sobre la mesa: padre, 2021[11]

Obras publicadas editar

Teatro editar

  • Haemorroísa, revista Ophelia, 2002
  • Lesiones incompatibles con la vida, editorial Dúplex, 2003
  • Tríptico de la aflicción, revista Acotaciones, 2004, da Real Escuela Superior de Arte Dramático
  • Mi relación con la comida, Sociedad General de Autores, 2005
  • Cuarteto para el fin del tiempo. El año de Ricardo, Caja España, 2006
  • Trilogía. Actos de resistencia contra la muerte, Editorial Artezblai, 2007; contén Y los peces salieron a combatir contra los hombres, Y como no se pudrió... Blancanieves e El año de Ricardo
  • Belgrado. Canta lengua el misterio del cuerpo glorioso, Artezblai, 2008
  • La desobediencia, hágase en mi vientre, Pliegos de teatro y danza Nº 26, Aflera Producciones, S.L, 2008. Inclúe cinco textos escritos entre 2003 e 2008:
    • Lesiones incompatibles con la vida (2003), Broken Blossoms (2004), Yo no soy bonita (2005), Enero (2006-2008) e Ni siquiera el fuego goza de buena salud (2007-2008)
  • Perro muerto en tintorería: los fuertes; Caos Editorial, 2009.
  • Dead Dog at Dry Cleaners: The Strong.
  • Perro muerto en tintorería, en Denis Diderot El sobrino de Rameau; Nórdica, 2008
  • Frankenstein y la historia es la domadora del sufrimiento, Eugenio Cano editor, 2009
  • Monólogo necesario para la extinción de Nubila Wahlheim y extinción, Artezblai, 2009
  • La casa de la fuerza. Te haré invencible con mi derrota. Anfaegtelse, Ediciones La Uña Rota, 2011
  • Le jour que je suis tombée amourense de la voix de Pascal Rambert. Antes de los 13 ya habré leído a Wittgenstein, editorial Dramangular, 2011
  • Tríptico de la aflicción. Lesiones incompatibles con la vida, Artezblai, 2011
  • Maldito sea el hombre que confía en el hombre, un projet d'alphabétisation, Artezblai, 2011
  • El centro del mundo, Ediciones la Uña Rota, 2014
  • Ciclo de las resurrecciones, Ediciones La Uña Rota , 2015
  • "El sacrificio como acto poético", Ediciones Contintametienes 2014
  • "Via Lucis", Ediciones Contintametienes 2015
  • ¿Qué haré yo con esta espada?, Ediciones La Uña Rota , 2016
  • Trilogía del Infinito, Ediciones La Uña Rota , 2016

Poesía editar

  • Los deseos en Amherst, Ediciones Trashumantes, 2008
  • Una costilla sobre la mesa, Ediciones La Uña Rota, 2018

Premios editar

  • Premio Ciudad de Alcorcón por Greta quiere suicidarse
  • X Certame de Relatos Imágenes de Mujer do Concello de León polo conto Camisones para morir
  • Premio de Dramaturxia Innovadora Casa de América 2003 por Nubila Wahlheim
  • Premio SGAE de Teatro 2004 por Mi relación con la comida[12]
  • Premio Ojo Crítico Segundo Milenio 2005 en recoñecemento da súa traxectoria
  • Premio Notodo do Público ao Mellor Espectáculo 2007 por Perro muerto en tintorería: los fuertes
  • Premios Valle Inclán de Teatro (2007), por El año de Ricardo[13]
  • Accésit do Premio Lope de Vega 2007 por Belgrado
  • Premio Sebatiá Gasch de Artes Parateatrales 2011
  • Premio Nacional de Literatura Dramática 2012 por La casa de la fuerza
  • León de prata da Bienal de Teatro de Venecia 2013
  • Premio Leteo 2016

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rosana Torres Angélica Liddell, premio Nacional de Literatura Dramática, El País, 05.11.2012; acceso 06.11.2012
  2. 2,0 2,1 Brigitte Salino. Une Espagnole en colère, Angélica Liddell, entre au Festival d'Avignon, Le Monde, 12.07.2010, en francés; acceso 20.08.2013
  3. Liddell en Parnaseo, s/f; acceso 06.11.2012
  4. Rosana Torres. Angélica Liddell: "Odio mucho y adoro la venganza", El País, 21.05.2011; acceso 06.11.2012
  5. Javier Vallejo. Angélica o la cabeza en el vientre, El País, 22.05.2011; acceso 06.11.2012
  6. "Quiero ser la locura de Dios" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  7. "El jardín de las mandrágoras". parnaseo.uv.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  8. "Frankenstein. Ficha técnica". parnaseo.uv.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  9. "La falsa suicida". parnaseo.uv.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  10. Redaccións (11 de xullo de 2013). "Angélica Liddell cierra su trilogía sobre China en el Festival de Aviñón". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  11. Húder, Pablo Caruana (2022-01-24). "El masoquismo irredento de Angélica Liddell". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-01-25. 
  12. Esteban, Rafael (30 de marzo de 2006). "Mi relación con la comida". elmundo.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  13. Redacción (7 de maio de 2019). "Trece años del Premio Valle-Inclán de Teatro de El Cultural". elcultural.com (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar