Anfisbena é unha besta mitolóxica representada como unha serpe cuxos extremos son dúas cabezas. A palabra anfisbena tradúcese como "que vai en dúas direccións".

Representación da Anfisbena, Inglaterra ca. 1200

Existe unha suborde de réptiles, semellantes a pequenas serpes, que recibe o nome de anfisbenas (Amphisbaenia) ou cobras cegas. Carecen de extremidades (excepto o xénero Bipes, que conserva as patas anteriores) e están adaptadas á vida baixo terra. Coñécense unhas 190 especies, case todas propias de África e Suramérica.

Non se diferencia a cabeza da cola e, de feito, son quen de desprazarse cara a adiante ou cara a atrás coa mesma facilidade, característica á que deben o nome científico.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.