Anel (micoloxía)

En micoloxía, un anel (do latín annulus) é a estrutura anular que se pode atopar ás veces no estipe (pé) dalgúns cogomelos. O anel representa o resto que fica do veo parcial, despois de crebar para expor as lamelas ou outro tipo de superficie expositora das esporas. O anel pode ser groso e membranoso ou pode ser coma unha arañeira. Este último tipo de anel é denominado cortina. Os aneis poden ser persistentes, ficando coma unha característica notábel dos fungos maduros, ou poden desaparecer logo trala saída do cogomelo, deixando se cadra un pequeno resto sobre o estipe denominado "zona anular". Para especies comestíbeis de cogomelos, esta zona é amplamente considerada como a máis saborosa.

No do cogomelo Gymnopilus junonius pode verse un anel.

Os aneis presentan diversas formas que poden ser importantes na identificación do fungo. A seguir indícanse as máis características:

  • Pendurado: colgando ou a xeito de faldra.
  • En forma de campá: estendéndose cara a fóra dende o estipe.
  • Envaiñado: aberto cara a arriba arredor do estipe.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar