Andria Zafirakou, nada o 8 de decembro de 1978 en Londres, é unha profesora británica gañadora do Premio Global ao Ensino de 2018. É profesora de Artes e Téxtiles na escola comunitaria de Alperton, no noroeste de Londres.[1][2][3][4]

Infotaula de personaAndria Zafirakou

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAlperton Community School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: Andriazaf Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Zafirakou medrou no noroeste de Londres nunha familia de orixe greco-chipriota e formouse en Brent e Camden. Toda a súa experiencia docente se desenvolveu na escola comunitaria de Alperton e foi ascendida a xefa de departamento de Arte ao ano da súa chegada ao centro. Trátase dunha escola de secundaria cunha poboación escolar de orixe moi diversa. Na zona de Brent onde se atopa fálanse arredor de 130 linguas diferentes e Zafirakou aprendeu frases básicas usadas polo alumnado en 35 delas, entre as que se inclúen o hindi, o gujarati e o támil, nun esforzo por estabelecer ligazóns co seu alumnado e as familias.[1]

“Ao conseguir que os alumnos se abrisen sobre a vida das súas casas, descubrín que moitos dos meus estudantes proceden de casas ateigadas onde varias familias comparten unha única propiedade.”

“A miúdo están tan abarrotadas e son tan barulleiras que algúns estudantes me din que teñen que facer os deberes no cuarto de baño para estar sós e poder concentrarse.”

“O incríbel é que sen importar os problemas que teñan na casa, sen importar o que lles falta na súa vida ou que lles fai dano, a nosa escola é súa.” [1]

Zafirakou organizou clases extra durante o día e as fins de semana, tamén para proporcionar aos seus alumnos un lugar tranquilo onde estudar.

Filosofía docente

editar

“Ensinar consiste en construír relacións. No canto de preocuparse de ensinar o currículo ou manter un ambiente de clase estrito, constrúe relacións en primeiro lugar. Involucra os rapaces, conecta con eles, descubre o que lles interesa. Constrúe a relación, constrúe esa confianza e todo o demais acontecerá.”

Cando un rapaz chega a unha nova e aterradora escola secundaria e a profesora o saúda na súa lingua materna xa o gañou, a os pais tamén, polo que virán á escola cando sexa preciso.[4] Zafirakou comezou coa arte como un método de comunicación non lingüístico e sen barreiras, presentando en primeiro lugar a arte da cultura do alumnado antes de relacionalo coa arte occidental e os movementos artísticos que se recollen no currículo nacional británico.

  1. 1,0 1,1 "Andria Zafirakou from north London wins $1m 'world's best teacher' prize". The Guardian (en inglés). 18 de marzo de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  2. "Inspirational London teacher Andria Zafirakou wins $1m Global Teacher Prize". ITV News (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  3. Coughlan, Sean (18 de marzo de 2018). "UK teacher wins global best teacher prize". BBC News (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Aitkenhead, Decca (23 de marzo de 2018). "Best teacher in the world Andria Zafirakou: ‘Build trust with your kids – then everything else can happen’". the Guardian (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2020.