Andrew Boylan, C.SS.R., nado o 1 de agosto de 1842 no condado de Cavan (Irlanda) e finado o 27 de marzo de 1910, foi un relixioso redentorista católico latino irlandés, bispo de Kilmore dende 1907 até o seu pasamento.

Infotaula de personaAndrew Boylan
Biografía
Nacemento1842 Editar o valor em Wikidata
Cavan - An Cabhán Editar o valor em Wikidata
Morte1910 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Cavan - An Cabhán Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Bishop of Kilmore (en) Traducir
13 de marzo de 1907 –
← Edward MacGennis (en) TraducirPatrick Finegan (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1907–), sacerdote católico (1867–) Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación do Santísimo Redentor Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMichael Logue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 1 de agosto de 1842 en Tonylion ou en Kilnalec, localidades da parroquia de Crosserlough, ou na parroquia de Kilmore; as dúas parroquias no condado de Cavan.[1] O 31 de marzo de 1867 foi ordenado sacerdote diocesano, e durante algúns anos foi ecónomo do seminario de Maynooth.[1] O 15 de outubro de 1888 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor en Dundalk.[1]

En 1898 foi nomeado primeiro superior da nova provincia de Irlanda dos redentoristas. En 1906 dirixiu a fundación da primeira casa dos redentoristas en Filipinas, na cidade de Opon.[1]

En 1907 foi nomeado bispo de Kilmore.[1] Recibiu a consagración episcopal o 19 de maio do mesmo ano, de mans do cardeal e arcebispo de Armagh Michael Logue, e tendo como co-consagradores principais ao bispo de Ardagh Joseph Hoare e ao bispo de Down e Connor Henry Henry. Finou no cargo o 25 de marzo de 1910.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Boland, S. J. (1987). A Dictionary of the Redemptorists. Roma: Collegium S. Alfonside Urbe. pp. 47–48.