Andreas Widhölzl
Andreas Widhölzl, nado o 14 de outubro de 1976 en St. Johann in Tirol, coñecido co sobrenome de Swider, é un saltador de esquí austríaco activo de 1997 a 2008.
Andreas Widhölzl | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de outubro de 1976 |
Lugar de nacemento | St. Johann in Tirol |
Nacionalidade | Austria |
Ocupación | saltador de esquí |
Premios | Honour in Gold for Services to the Republic of Austria |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Widhölzl é membrto do SC Fieberbrunn. Participou por vez primeira nunha Copa do Mundo na tempada 1992/93 e nese ano foi terceiro no mundial xuvenil por equipos en trampolín curto. En 1997 obtivo a súa primeira vitoria nunha Copa do Mundo. Nas olimpiadas de Inverno de Nagano de 1998 levou dúas medallas de bronce en trampolín curto individual e por equipos.
A súa mellor tempada foi a 1999/2000 na que se adxudicou o Torneo dos Catro Trampolíns, gañou a prata nos Mundiais de Salto de Esquí e foi segundo na clasificación xeral da Copa do Mundo. No Mundial de Esquí Nórdico de 2005 foi un dos compoñentes do cuarteto que conseguiu o outro para Austria tanto no trampolín HS100 como o HS137. No ano 2005 estableceu o novo récord de trampolín en Holmenkollen, Oslo con 134 metro. Algúns días despois, no trampolín de Planica en Eslovenia saltou ata os 234,5 metros, pero non foi homologado como novo récord do mundo.
Nos mundiais de salto con esquí de 2006, en Kulm en Austria gañou a prata na competición individual. Nas Olimpiadas de Turín de 2006 resultou campión olímpico na competición por equipos. Retirouse ó remate da tempada 2007/2008.