Abrir o menú principal

Andreas Gottlob Rudelbach, nado en Copenhague o 29 de setembro de 1792 e finado en Slagelse, illa de Selandia (Dinamarca) o 3 de marzo de 1862, foi un teólogo luterano dano-alemán adscrito á corrente neoluterana.

Andreas Gottlob Rudelbach
Christian Albrecht Jensen 001.jpg
Nacemento29 de setembro de 1792
 Copenhague
Falecemento3 de marzo de 1862
 Slagelse
NacionalidadeDinamarca
RelixiónLuteranismo
Ocupaciónteólogo e sacerdote
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na universidade da súa cidade natal, onde foi Privatdozent. Adscribiuse á corrente ortodoxa do luteranismo e publicou en colaboración con Nikolaj Frederik Severin Grundtvig, a Theologisk Maanedskrift (1825-1828), onde atacou o racionalismo de K. F. Hornemann e traduciu a Confesión de Ausburgo e a Apologia Confessionis Augustanae ó dinamarqués (1825).

Desde 1827 traballou no xornal Evangelischen Kirchenzeitun. En 1829 foi nomeado pastor de Glauchau, en Saxonia.

En 1830 axudou a establecer a conferencia pastoral de Muldentalkreis e, aínda que oposto a calquera separación da Igrexa Luterana oficial, contou cunha forte oposición dentro da xerarquía eclesiástica. Finalmente volveu a Dinamarca en 1845.

Entre 1846 e 1848 foi lector de dogmática na Universidade de Copenhague. Despois marchou a Slagelse como pastor e alí viviu o resto da súa vida.

Principais publicaciónsEditar

Publicou a Zeitschrift für die gesammte lutherische Theologie und Kirche (en colaboración con H. E. F. Guericke, Leipzig, 1839), que representa unha posición estritamente luterana, antiunionista. a Christliche Biographie (1849), publicou varios volumes de sermóns e Hieronymus Savonarola und seine Zeit (Hamburgo, 1835); Reformation, Luthertum und Union (Leipzig, 1839); Historische-kritische Einleitung in die Augsburgische Konfession (Dresden, 1841); Amtliches Gutachten über die Wiedereinführung der Katechismus-Examina im Königreich Sachsen, nebst historischer Erörterung der Kathechismus-Anstalten in der evangelisch-lutherischen Kirche Deutschlands (1841) e Om Psalme-Literaturen og Psalmebogs-Sagen, historisk-kritiske Undersögelser (Copenhaguen, 1856).