Andrea Pousa

cantante, compositora, produtora musical e actriz galega

Andrea Pousa, nada en Figueiró (Tomiño) en 1990, é unha cantante, compositora, produtora musical e actriz galega.

Infotaula de personaAndrea Pousa
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Figueiró, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, produtora musical e actriz
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Andrea Pousa iniciou a súa carreira moi nova, na súa natal parroquia, tocando a bandurra nunha rondalla, e aos 16 anos foi cando comezou a actuar como profesional no mundo do espectáculo.[1][2]

Desde moi pequena xa mostrou os seus dotes cantando como artista solista en diferentes eventos da comarca. Aos 15 anos foi considerada como unha das mellores voces femininas de Galicia no Festival da Canción. Participou no proxecto educativo Ponte... nas ondas! para a divulgación do Patrimonio cultural galego-portugués.[2]

En 2004, uniuse á Asociación de Artistas Vocálitis, e comezou a recibir Máster Class de canto e interpretación baixo a titoría e dirección do mestre e tenor José P. Pérez. Durante 10 anos foi membro do grupo vocal feminino "Sueño de Calíope". Complementou a súa carreira de canto coa de actriz. En 2014 fundou co seu socio o actor galego Bruxo Queiman, a compañía de espectáculos "Queiman e Pousa". Actuou, entre outros países, na Arxentina, México, Alemaña, Irlanda, Suíza, Italia e Portugal.[2]

En outubro de 2016 Andrea Pousa foi a cantante encargada de interpretar o Himno Galego no Estadio de Balaídos, no derbi entre Celta e Deportivo. En maio de 2017 presentouse "O Himno por Andrea Pousa" acompañada pola Macedonian Symphonic Orchestra.[3]

En 2020 presentou "Camiñares", o segundo tema do seu disco "Retorno", escollendo a paraxe da Ponte Maceira, en Negreira, como un dos escenarios do seu videoclip, xunto ao Fuciño do Porco (Vicedo) ou a praza do Obradoiro. Precisamente na Ponte Maceira, a cantante de Tomiño espera interpretar "Camiñares", tema composto por ela en colaboración co produtor musical portugués Paulo Borges, nunha xira que a levará por Galicia co apoio do Concello de Negreira.[4]

En 2017, Andrea presentou seu disco de debut titulado "Respirar", producido por Nani García, que se lanzou ao mercado desde o 16 de outubro e que presentou en concerto o 26 de outubro no teatro de AFundación de Vigo.[1]

En outubro de 2020 o secretario xeral de Política Lingüísitica, Valentín García, participou na presentación dunha iniciativa enmarcada no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no marco do Plan de Reactivación cultural. Trátas de "Triloxía meiga", da compañía Queiman e Pousa, co que comeza a divulgación dos produtos dixitais creados para o Fondo Xacobeo 21. Xunto co representante da Xunta de Galicia, participaron na presentación dos tres videoclips, entre outros, o alcalde de Negreira, o alcalde de O Vicedo, a cantante Andrea Pousa e o actor Bruxo Queiman, creadores do proxecto. Os videoclips están dedicados a elementos da natureza: auga, terra e lume, respectivamente.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Salva Ronko (13 de outubro de 2017). "La tomiñesa Andrea Pousa presenta su disco de debut titulado "Respirar"". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Andrea Pousa, una tomiñesa que triunfa en todo el mundo en Telemariñas (en castelán).
  3. Himno de Galicia por Andrea Pousa en YouTube.
  4. "Andrea Pousa elixe ben. A cantante acaba de lanzar Camiñares, o segundo tema do seu disco Retorno". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  5. "Andrea Pousa y Queiman presentan su 'Triloxía meiga'". El Correo Gallego. 24 de outubro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar