Andrea Collazo
remeira galega
Andrea Collazo Outeiral, nada en Boiro o 21 de decembro de 1999, é unha remeira e patroa de traiñeiras galega. En 2020 gañou a Liga Galega e o Campionato Galego de Traiñeiras.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1999 ![]() Boiro, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | remeira ![]() |
Deporte | remo ![]() |
Traxectoria deportiva
editarComezou no equipo de Cabo da Cruz e foi remeira do equipo xuvenil. Uniuse ao club en 2011[1] e debutou en 2015. En 2016 Cabo Cruz clasificouse para a Liga ACT feminina e foi a segunda patroa detrás de Natalia Tubío. En 2020 estivo na popa de Cabo da Cruz e en 2021 competiu en batel e trainerillas.
Palmarés
editar- Campionato Galego de Traiñeiras (1): 2020.
- Liga Galega Feminina de Traiñeiras (1): 2020.
- Campionato de España de Trainerillas (0): 3ª en 2021.
Notas
editar- ↑ "Andrea Collazo Outeiral". ligalgt.com. Consultado o 25 de setembro de 2021.