Andrés Suárez
cantante español
Andrés Suárez, nado en Ferrol, o 16 de abril de 1983, é un cantautor galego.
Andrés Suárez | |
---|---|
![]() Suárez en Madrid, no 2013. | |
Nacemento | 16 de abril de 1983 (36 anos) |
Orixe | Ferrol, ![]() |
Ocupación | Cantautor |
Xénero | Balada, jazz |
Instrumento(s) | Guitarra, voz e piano |
Selo(s) discográfico(s) | LIAM Producciones, S.L, EMI Music Spain S.L |
Relacionado con | Pablo Milanés, Tontxu, Marwan, Buena Fe, Pedro Guerra, Vicky Gastelo, Funambulista, Paco Cifuentes, Carlos Chaouen |
Tempo en activo | 2002 - presente |
Na rede | |
http://www.andressuarez.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Con dez anos monta o seu primeiro grupo na súa cidade natal, Ferrol. Dende entón pasa por distintos grupos de pop e rock até viaxar a Santiago de Compostela. Alí faise cantautor, actúa polos locais da zona vella e grava o seu primeiro disco, De ida, cunha distribución de case tres mil copias e que o leva de xira por todo o país.
No ano 2006 gana o Certamen de Jóvenes Cantautores Burgos, o primeiro premio á mellor letra no certame Cantautores Elche e, tamén á mellor letra, no Certame Descubre la Región de Murcia de Madrid.[1] Ademais, logrou o segundo premio no Certame Marcilla Trovadora de Navarra, e o terceiro premio no Certame Alameda de Málaga.[2][3]
DiscografíaEditar
NotasEditar
- ↑ Serna, Rebeca (19 de novembro de 2006). "Andrés Suárez gana el XIII Concurso de Cantautores.". Diario de Burgos.
- ↑ Villa Trovadora (5 de xuño de 2006). "Ganadores de la 1ª edición (5 de junio de 2006) celebrado en Marcilla (Navarra)" (en castelán).
- ↑ Santiago. Ro. "Entrevista con Andrés Suárez en Vis a Vis" (en español). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de maio de 2017.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)