Andrés Pociña

(Redirección desde «Andrés Pociña Pérez»)

Andrés Pociña Pérez, nado en Lugo o 8 de marzo de 1947, é un profesor e escritor galego.

Infotaula de personaAndrés Pociña
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Decano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , poeta , escritor , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Salamanca
Universidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narración e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 65 Dialnet: 6776

Traxectoria editar

Comezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose e doutorándose na Universidade de Salamanca. En Salamanca empeza o seu traballo como profesor universitario e en marzo de 1976 trasladase á Universidade de Granada, onde é Catedrático de Filoloxía Latina dende 1983. Foi Decano da Facultade de Filosofía e Letras entre 1982 e 1984.

Colaborador de El Correo Gallego.

Obra en galego editar

Poesía editar

Narrativa editar

Ensaio editar

  • Galicia e Granada: dous cabos dun eixo espiritual, 1998, Ediciós do Castro.
  • As letras galegas na obra de Alfredo Brañas, 1999, Fundación Alfredo Brañas.
  • Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, 2000, Laiovento. Con Aurora López. Traducida ao castelán.[1]
  • Tecer con palabras, 2007.

Traducións editar

Edicións editar

Obras colectivas editar

  • Conversas con Maruxa Villanueva na Casa de Rosalía, con Aurora López, 1995, Hércules de Edicións.
  • Premios Pedrón de Ouro: Certame Nacional Galego de Narracións Breves 'Modesto R. Figueiredo', Fundación do Pedrón de Ouro: Certames XXIV (1998), XXV (1999) e XXVI (2000), 2001, Ediciós do Castro.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, con Aurora López, 2014, Alvarellos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Terencio, el eunuco, 1977.
  • Los historiadores imperiales, los emperadores, y el teatro latino, 1981.
  • El tragediógrafo latino Lucio Acio, 1984.
  • Comienzos de la poesía latina. Épica, tragedia, comedia, 1988.
  • Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1937-1990), 3 volumes, 1991-1993, Fundación Barrié. Con Aurora López.

Edicións editar

  • Medeas. Versiones de un mito desde Grecia hasta hoy, con Aurora López, 2002, Universidade de Granada.

Obras colectivas editar

  • Medea en Corinto, de Luz Pozo Garza, 2003, Linteo. Edición bilingüe galego-castelán, con Aurora López.
  • Comedia romana, 2007, Akal. Con Aurora López.

Premios editar

Notas editar

  1. "Rosalía de Castro: estudios sobre su vida y obra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar