Abrir o menú principal

Avelino Barbeito

tipógrafo e poeta galego

Andrés Avelino Barbeito Hermosilla, nado na Coruña en 1850 finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1914[1], foi un tipógrafo e poeta galego.

Avelino Barbeito
Nacemento1850
 A Coruña
Falecemento9 de febreiro de 1914
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
FillosMaría Barbeito
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi secretario dos concellos de Pontedeume e Betanzos. Militou no Partido Republicano e, en foi un dos asinantes do Manifesto solidario de setembro de 1907, que promoveu o inicio de Solidaridad Gallega. Foi presidente da Asociación de Auxilios dos Dependentes de Comercio da Coruña. Publicou poemas en El Eco de Santiago, Santiago e outras revistas e xornais da época usando moitas veces o pseudónimo Noé Vila, anagrama do seu nome. É autor do libro de versos bilíngüe Nada (1906). Recibiu o premio da Academia de Montreal pola súa tradución da obra Magali de Frédéric Mistral e o do Ateneo de Trobadores de Tolosa pola vinculación á obra dos felibres.

Vida persoalEditar

Casou con María Cerviño Vázquez e foi pai de María Barbeito Cerviño.

NotasEditar

  1. El Noroeste, 10-2-1914, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar