Andrés Ares Díaz

Andrés Ares Díaz, nado en Corvelle (Vilalba) en 1891 e finado Barallobre (Fene) o 3 de outubro de 1936, foi un sacerdote galego.

Infotaula de personaAndrés Ares Díaz
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Barallobre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cura párroco do Val de Xestoso dende 1931, coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi denunciado por negarse a entregarlle ao sublevados a recadación da colecta para a festa dos Remedios que se ía celebrar o primeiro domingo de setembro. Acusado de entregar cartos para o Socorro Vermello Internacional, foi arrestado por un grupo de falanxistas e gardas civís que o levaron a Pontedeume e despois Barallobre onde confesou co párroco Antonio Casas. Levárono ao cemiterio e executárono ás 11 da mañá do 3 de outubro de 1936, escarmentar ao seu cura de Barallobre, sospeitoso de colaborar cos republicanos. Na súa partida de defunción indica que foi eliminado pola Garda Civil, ao intentar fugarse cando era conducido a practicar unha dilixencia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar