Anaricádidos

(Redirección desde «Anarhichadidae»)

Os anaricádidos (Anarhichadidae), peixes lobo, son unha familia de peixes mariños incluída na suborde Zoarcoidei, da orde dos perciformes.

Anarhichas lupus

Morfoloxía

editar

Caracterízanse polo seu corpo moderadamente alargado (excepto o Anarrhichthys ocellatus, que é extremadamente alargado e semella unha anguía, con tamaños de ata 2 m de lonxitude), cilíndrico na parte anterior e comprimido lateralmente na parte posterior .

A aleta dorsal é única, longa, continua e de altura uniforme, desde a cabeza á cola. Posúe 69-88 radios brandos no xénero Anarhichas e 218-250 no Anarrhichthys. Na aleta anal, tamén longa e de altura uniforme, hai 42-55 e 180-233 radios, respectivamente. A aleta caudal, pequena e redondeada, está separada da dorsal e da anal por un pedúnculo curto. Faltan as aletas pélvicas (ou ventrais).

Posúen unha boca ancha, forte e poderosa, con grandes e fortes dentes caniniformes no extremo anterior e con forma de molares nos lados e no vómer.

Hábitat e bioloxía

editar

Distribúese polas costas dos océanos Atlántico e Pacífico.

Taxonomía

editar

Comprende 2 xéneros e 5 especies:

  • Xénero Anarhichas
    • Anarhichas denticulatus (Krøyer, 1845)
    • Anarhichas lupus (Linnaeus, 1758)
    • Anarhichas minor (Olafsen, 1772)
    • Anarhichas orientalis (Pallas, 1814)
  • Xénero Anarrhichthys
    • Anarrhichthys ocellatus (Ayres, 1855)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar