Os Anablépidos (Anablepidae, Garman 1895 [1]) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Viven en augas doces interiores de zonas tropicais americanas (desde o sur de México ata o sur de Suramérica) pero pode achegarse ás desembocaduras, soportando augas salobres.

Anableps anableps

Características

editar

Corpo alargado, algo deprimido no terzo anterior. A cabeza é ancha e esmagada, coa rexión supraorbital avultada. A boca é horizontal e o maxilar algo protráctil.

O trazo máis característico son os ollos, grandes e aparentemente divididos en dous: a metade superior emerxe da superficie da auga e permite a visión exterior; a metade inferior permanece somerxida e permite a visión baixo a auga. Esta característica explica a denominación popular de peixes catro ollos.

Unha soa aleta dorsal, que é pequena e redondeada. A aleta anal dos machos está transformada nun órgano subcónico, destinado á copula. Son vivíparos, excepto o xénero Oxyzygonectes, que é ovíparo.

Clasificación

editar

Divídense en tres xéneros e 9 especies:

  • Subfamilia Anablepinae
    • Xénero Anableps
    • Xénero Jenynsia
  • Subfamilia Oxyxygonectinae
    • Xénero Oxyzygonectes
  1. Antes Anablepsidae.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar