Ana dos mil días

Filme de 1969 dirixido por Charles Jarrott

Ana dos mil días (en inglés: Anne of the Thousand Days) é un filme británico dirixido por Charles Jarrott e producido por Hal B. Wallis que se estreou en 1969. Foi realizado por Hal Wallis Productions e distribuído por Universal Pictures. O filme conta a historia de Ana Bolena. O guión é unha adaptación de Bridget Boland, John Hale e Richard Sokolove da obra de Maxwell Anderson.

Ana dos mil días
Geneviève Bujold como Ana Bolena.
Ficha técnica
Título orixinalAnne of the Thousand Days
DirectorCharles Jarrott
ProdutorHal B. Wallis
GuiónBridget Boland
John Hale
Richard Sokolove
Baseado enAnne of the Thousand Days de Maxwell Anderson
IntérpretesRichard Burton
Geneviève Bujold
Anthony Quayle
John Colicos
Irene Papas
MúsicaGeorges Delerue
FotografíaArthur Ibbetson, BSC
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea 18 de decembro de 1969
23 de febreiro de 1970
Galicia 13 de xuño de 1987 (TVG)
Duración145 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Recadación$6 134 264 (USA/ Canadá)[1]
Na rede
IMDB: tt0064030 Filmaffinity: 827460 Allocine: 49512 Rottentomatoes: m/anne_of_the_thousand_days Mojo: anneofthethousanddays Allmovie: v2542 TCM: 67439 TV.com: movies/anne-of-the-thousand-days Editar o valor en Wikidata

Estreouse en galego a través da TVG o 13 de xuño de 1987.[2]

Sinopse

editar

O filme arrinca co rei asinando as ordes de execución contra un grupo que supostamente conspiraba contra el, entre os que se atopa a súa dona, Ana Bolena. Un longo flashback describe o capricho de Henrique VIII coa bela Ana, comprometido con outro home, ademais do agravante de que o rei, casado con Catarina de Aragón tivo como amante á súa irmá, que lle deu un fillo. No filme vese a evolución dende moza que lle para os pés ata a muller ambiciosa á que lle encanta probar o poder.[3]

Personaxes

editar
  1. "Big Rental Films of 1970", Variety, 6 de xaneiro de 1971 p 11
  2. "Programación da TVG". ABC. 13 de xuño de 1987. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  3. Decine21 (en castelán)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar