Ana de Castro Egas

escritora española


Ana de Castro Egas, nada en Valdepeñas a finais do século XVI e residente en Madrid, foi unha poeta e biógrafa española do Século de Ouro. En 1629 publicou Eternidad del Rey Don Filipe tercero Nuestro Señor, el Piadoso, obra adicada a realzar a figura do rei Filipe III de España[1]

Infotaula de personaAna de Castro Egas
Biografía
Nacementoséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Valdepeñas Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , poeta , biógrafa Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi membro da Corte Real. De nena coñeceu o infante Fernando de Austria, Príncipe de Asturias, e despois formou parte do círculo íntimo da Casa Real e íntima amiga da familia de Francisco de Sandoval y Rojas, duque de Lerma.[1]

Sobre ela escribiron poemas e prosas laudatorias escritores da súa época, como Lope de Vega, Quevedo, José de Valdivieso, Mira de Amescua, Bocangel, López Zárate, Pérez de Montalbán ou Pellicer. Por eles sábese que foi unha muller fermosa e ilustrada, amais de admirada polos seus coetáneos.

Pablo Jauralde Pol afirmou:

Ana de Castro Egas é unha dama da Corte con merecida fama de «letrada».

Xunto con Lope de Vega (quen escribiu sobre ela na súa obra El laurel de Apolo) procurou incluír mulleres nos círculos literarios e académicos. Con ela colaboraron especialmente sete mulleres, entre elas a súa sobriña Catalina del Río e as súas curmás Clara María de Castro e Ana María de Castro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ana de Castro Egas Poetisa y biógrafa del Siglo de Oro", artigo de Almudena de Arteaga en La Tribuna de Albacete, 3 de febreiro de 2013 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jauralde Pou, P. (1999): Francisco de Quevedo (1580-1645). Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica. Madrid: Castalia.
  • Peralta Huerta, C. (): Apacible brevedad de los renglones, abreviada vida de monarcas: Ana de Castro Egas, Francisco de Quevedo y la escritura del panegírico regio. Villanova University, Pennsylvania
  • Rozas, J. M. (): Lope de Vega y los escritos ciudad-realeños elogiados en el «Laurel de Apolo». Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  • Sanz y Diaza, J.: Manchegos ilustres de la época de Cervantes.
  • Vega, L. de (1630): Laurel de Apolo.
  • Valdepeñeros ilustres: apuntes biográficos. Valdepeñas: La Voz de Valdepeñas, 1890-95.