Ana Ulla

astrofísica galega

Ana María Ulla Miguel, nada en Vigo en 1965, é unha astrofísica galega, escritora e profesora na Universidade de Vigo.

Infotaula de personaAna Ulla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrofísica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1944479

Traxectoria editar

Ana Ulla comezou a carreira de Física na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os tres primeiros cursos,e logo especializouse en Astrofísica na Universidade de La Laguna, onde tamén realizou a súa formación doutoral.[1][2] Entre 1988 e 1995, ocupou diversos postos de investigación e docencia na Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental ( Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Posteriormente, foi contratada posdoutoral no Instituto de Astrofísica das Canarias (IAC), traballando para o proxecto "Infared Space Observatory" da ESA.[1]

Desde 1997 é profesora do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, sendo a investigadora principal do Grupo AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO dende a súa creación no ano 2005 ata outubro de 2017. Forma parte do equipo galego da misión Gaia, da Axencia Espacial Europea (ESA), na que participan máis de 450 científicos e enxeñeiros doutros 23 países co obxectivo de elaborar un mapa preciso en 3D da Vía Láctea.[3] Ademais, é integrante do padroado da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura que xestiona o Observatorio Astronómico de Forcarei.[4]

En decembro de 2015 publicou a súa primeira novela infantil titulada “Desde el jardín, las estrellas”.[4]

Recoñecementos editar

En febreiro de 2014 recibiu, ex aequo con Minia Manteiga, o premio “Galega destacada 2013” concedido pola Asociación Diálogos 90.[5] Tamén foi galardoada co recoñecemento "Muller Científica 2020" que outorga o IES Val Miñor. [6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ana Ulla Miguel - Introducción a la Astronomía Visual y Fotográfica". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-27. 
  2. administrador. "Ana Ulla Miguel". Executivas. Consultado o 2020-08-27. 
  3. Redacción (2016-09-14). "A misión Gaia obtén a primeira imaxe completa da Vía Láctea". GCiencia. Consultado o 2020-08-03. 
  4. 4,0 4,1 "Ana Ulla Miguel". www.escritores.org. Consultado o 2020-08-27. 
  5. "Las astrofísicas del satélite Gaia se convierten en "Galegas Destacadas"". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-27. 
  6. "«Se non vemos as estrelas, non sabemos a onde pertencemos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-14. Consultado o 2020-08-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar