Ana Prieto

política galega

Ana Prieto Nieto, nada en Xinzo de Limia o 3 de abril de 1965, é unha farmacéutica e política galega.

Ana Prieto
Nacemento3 de abril de 1965
Lugar de nacementoXinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfarmacéutica e política
Na rede
Facebook: ana.prieto Twitter: anaprietonieto Instagram: anaprietonieto Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Eleccións a Cortes Xerais de abril de 2019.

Procedente dunha familia de farmacéuticos, con orixe no granadino José Prieto, estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como farmacéutica en Lugo. Foi presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo de 2009 a 2015[1].

Entrou na corporación municipal de Lugo logo das nas eleccións de 2015 polo PSdeG e foi Tenente de Alcaldesa. Levaba a concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento local.

Foi a cabeza de lista da súa formación na provincia de Lugo para as Eleccións xerais de abril de 2019, resultando elixida deputada. Repetiu candidatura e volveu a obter escano nas Eleccións de novembro do mesmo ano.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar