Ana Marcello
política española
Ana Marcello Santos, nada en León o 19 de maio de 1984, é unha política española, deputada por León no Congreso dos Deputados nas lexislaturas XI e XII[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1984 (39 anos) León, España |
Deputada de España | |
18 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: León (en) Electo en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: León (en) Electo en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de León |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Podemos |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Diplomouse en 2004 en traballo social pola Universidade de León[2]. Entre 2008 e 2015 traballou como coordinadora do servizo de axuda a domicilio. Deputada por Unidos Podemos no Congreso logo das eleccións xerais de 2015 repetiu responsabilidade nas de 2016.[3] Forma parte da Comisión de Orzamentos e é voceira adxunta da Comisión de Emprego e Seguridade Social e mais da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais.
Notas editar
- ↑ Podemos. "Ana Marcello Santos". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ "Cinco escaños para cuatro en León". La Crítica. 3 de decembro de 2015. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ Congreso dos Deputados. "Marcello Santos, Ana". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Marcello |