Abrir o menú principal

Ana María Moix

escritora española

Cruz de Sant Jordi 2006 Ana María Moix i Messeguer, (Barcelona, 12 de abril de 1947 - Barcelona, 28 de febreiro de 2014)[1] foi unha poetisa, novelista e tradutora catalá en lingua castelá, irmá menor do tamén escritor Terenci Moix.

Ana María Moix
Nome completoAnna Maria Moix i Meseguer
Nacemento12 de abril de 1947
 Barcelona
Falecemento28 de febreiro de 2014
 Barcelona
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónescritora, tradutora, escritora de literatura infantil e poeta
PremiosCreu de Sant Jordi
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ana María estudou filosofía e letras na Universidade de Barcelona e fixo parte do grupo de escritores da poesía española contemporánea que se relaciona c editor e poeta Carlos Barral. Fíxose coñecida ao ser incluída, era a única muller, en 1968 por José María Castellet en Nueve novísimos poetas españoles, que consagraba unha nova poesía nova, provocativa e espectacular, que se situaba no lado contrario da poesía social, realista e comprometida que se acabara impoñendo logo da primeira posguerra española[2]. Entre 1969 e 1973, publicou tres poemarios —Baladas del dulce Jim, Call me stone e No time for flowers—, máis tarde unidos no volume A imagen y semejanza, dúas novelas —*Julia e Walter ¿por qué te fuiste?—, e un libro de relatos —Ese chico pelirrojo a quien veo cada día—, facendo tamén achegas na literatura infantil (La maravillosa colina de las edades primitivas), reunindo os seus artigos xornalísticos en Veinticuatro por veinticuatro e publicando a súa primeira tradución La Semana Santa (La semaine sainte), de Louis Aragon.

Logo durante dez anos case non publica ficción propia, tan só o libro de literatura infantil Los robots. Las penas en 1982. Reapareceu en 1985 ao gañar o Premio Ciudad de Barcelona co seu segundo libro de contos Las virtudes peligrosas. Posteriormente publicou a novela Vals negro, e dous libros de relatos.

Traduciu ducias de libros, principalmente do francés (Aragon, Samuel Beckett, Marguerite Duras, Amélie Nothomb, Françoise Sagan etc). Formou parte entre 1976 e 1979 do equipo que publicaba a revista Vindicación Feminista,[3] e dirixiu as coleccións de poesía e relatos das editoriais Plaza & Janés e Bruguera e desde 2006 foi directora desta última editorial. En 1997 foi unha das asinantes do manifesto de Foro Babel, que se amosaba contrario ás políticas de normalización do catalán efectuadas polo goberno da época, avogando pola utilización tamén do castelán polos poderes autonómicos e en 2012 asinou outro manifesto, a favor do federalismo español e en contra do proceso independentista en Cataluña[4].

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Baladas del dulce Jim, El bardo, 1969; con prólogo de Manuel Vázquez Montalbán
  • Call me Stone, 1969
  • No time for flowers y otras historias, Lumen S.A., Barcelona, 1971
  • A imagen y semejanza, 1983, que recoge su producción poética hasta ese momento

ProsaEditar

  • Julia, novela, Seix Barral, Barcelona, 1970
  • Ese chico pelirrojo a quien veo cada día, relatos, Lumen S.A., Barcelona, 1971
  • Walter ¿por qué te fuiste?, Barral Editores, 1973
  • La maravillosa colina de las edades primitivas, literatura infantil, Lumen S.A., Barcelona, 1973
  • Veinticuatro por veinticuatro, artículos, 1973
  • Mara Girona: una pintura en libertad, ensayo, 1977
  • Los robots. Las penas, literatura infantil, Bruguera, Barcelona, 1982
  • Las virtudes peligrosas, relatos, Plaza y Janés, Editores S.A., Barcelona, 1985
  • Miguelón, literatura infantil, 1986
  • La niebla y otros relatos, Alfaguara, Madrid, 1988
  • Vals negro, novela, Lumen S.A., Barcelona, 1994
  • El baix Llobregat, 29 municipis i un riu. Barcelona, guía, 1995
  • Extraviadas ilustres, biografía, 1996
  • El querido rincón, relatos, 2002
  • De mi vida real nada sé, 2002, 10 relatos

NotasEditar

Véxase taménEditar