Ana Jesús López Díaz

profesora e investigadora galega

Ana Jesús López Díaz, nada o 25 de xuño de 1965 na Pobra do Brollón, é unha profesora universitaria e investigadora galega.

Modelo:BiografíaAna Jesús López Díaz
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
A Pobra do Brollón, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela (1983–1988)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora, profesora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña (1990–) Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5032792 Dialnet: 2421795

Traxectoria

editar

É licenciada en Física e doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Cinética de la reacción y diagrama TTT de curado para el sistema apoxídico diglicidil éter de bisfenol A (DGEBA) y 1,3-Bisaminometilciclohexano. Profesora Titular da Universidade da Coruña, Escola Politécnica Superior,[1] no Departamento de Enxañaría Naval, área de Enxañaría Mecánica, docencia de Mecánica, Metroloxía e Control de Calidade e Tecnoloxías Emerxenes de Fabricación.[2] Traballa na UDC no Campus de Ferrol.

Colabora co Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL):[3] procesos de ablación láser e aplicación á análise e conservación de materiais de interese patrimonial así como á funcionalización, mediante texturizado, de materiais para implantes biomédicos.[4]

Desde a Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña foi a responsable da elaboración do Primeiro Plan de Igualdade (2013-2017) e do Segundo Plan de Igualdade (2019-2023) e do Protocolo para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo, levando a cabo ademais distintas accións para promover a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.[5] É parte activa na Xornada Universitaria Galega en Xénero das tres universidades públicas galegas.

Socia fundadora en 2015 da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, AMIT-Gal, nodo galego da asociación AMIT, que preside, e desde o 8-M ten aberto á participación en redes o proxecto "No more Matildas", para a achega de datos sobre galegas na ciencia.[6] Desde 2018, vicepresidenta do Grupo Especializado Mulleres en Física da Real Sociedad Española de Física.[7][8]

Premio da Real Sociedad Española de Física, modalidade “Materiales Didácticos de Física” en “Física+Matemáticas en Acción” 2003.

Colaborou en varios libros colectivos e revistas especializadas en Física e problemas de xénero.[2]

Publicacións

editar

Libros colectivos

editar
  • II Xornada Universitaria Galega en Xénero (2014). Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-599-8.
  • Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 (2015). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-694-7.
  • Transformando dende a universidade: V Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX (2017). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-766-1.
  • (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019 (2019). Universidade de Santiago, Coruña e Vigo. ISBN 978-84-9749-758-9.
  1. administrador. "Ana Jesús López Díaz". Executivas. Consultado o 2021-04-27. 
  2. 2,0 2,1 "Ficha de Ana Jesús López Díaz". udc.es. Consultado o 27/04/2021. 
  3. "Ficha do grupo de investigación". udc.es. Consultado o 27/04/2021. 
  4. "Ana Jesús López Díaz". AMIT (en castelán). 2014-07-23. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-27. 
  5. "As sabias". Catedra Feminismos. Consultado o 2021-04-27. 
  6. Triñáns, Ana. "Ana Jesús López: "Na carreira investigadora vaise perdendo polo camiño o talento das mulleres"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-27. 
  7. "Ana Jesús López Díaz". catarata. Consultado o 27/04/2021. 
  8. "Real Sociedad Española de Física - Grupo Especializado de Mujeres en Física". rsef.es (en castelán). Consultado o 2021-04-27.