Ana Carolina Reston

modelo brasileira

Ana Carolina Reston Macan, nada en São Paulo o 4 de xuño de 1985 e finada o 15 de novembro de 2006, foi unha modelo brasileira.

Infotaula de personaAna Carolina Reston
Biografía
Nacemento(pt-br) Ana Carolina Reston Macan Editar o valor em Wikidata
4 de xuño de 1985
São Paulo, Brasil
Morte15 de novembro de 2006 (21 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAnorexia nerviosa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónModelo
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Reston naceu no seo dunha familia de clase media de Jundiaí, nas aforas de São Paulo. Con 13 anos, comezou a súa carreira de modelo despois de gañar un concurso local de beleza. Foi representada por axencias como Ford, Elite e L'Équipe, en países como a China, Turquía, México e o Xapón, a apareceu en campañas publicitarias de Giorgio Armani.

En xaneiro de 2004, Reston fixo a súa primeira viaxe a Guangzhou, na China. Mentres facía un casting na cidade, achacóuselle estar 'demasiado gorda', un criticismo que marcaría a súa caída nunha anorexia nerviosa.[1]

No momento da súa morte, Reston pesaba só 40 kg e medía 1,73m, e fora hospitalizada dende o 25 de outubro de 2006 por malfunción dos riles, producida pola anorexia nerviosa e a bulimia nerviosa que padecía. A súa dieta baseábase só en mazás e tomates. A súa situación fíxose cada vez máis grave, e unha infección xeneralizada levouna á morte con 21 anos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar