Ana Cano
filóloga española
Ana María Cano González, nada en Villarín, Somiedo, o 12 de maio de 1950, é unha filóloga asturiana. Foi decana da facultade de Filoloxía da Universidade de Oviedo e catedrática de filoloxía románica. Mestra de ensino primario en 1967, tras desempeñar esta profesión, licénciase en filosofía e letras pola Universidade de Oviedo en 1972, con premio extraordinario, e doutórase pola mesma en 1975 con sobresaliente cum laude, sendo a súa tese "El habla de Somiedo".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana María Cano González 12 de maio de 1950 (74 anos) Somiedu, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | filóloga |
Empregador | Universidade de Oviedo |
Lingua | Lingua castelá e lingua asturiana |
Dende 2001 até o 23 de xuño de 2017, presidiu a Academia de la Llingua Asturiana, cargo para o que foi elixida trala marcha de Xosé Lluis García Arias.[1]
Algunhas publicacións
editar- El habla de Somiedo, tese doutoral (1975)
- Vocabulario del bable de Somiedo Institutu d'Estudios Asturianos, 1982)
- Averamientu a la hestoria de la llingua asturiana (Caja de Asturias, «Conocer Asturias», xaneiro 1987)
- Notas de Folklor Somedán (Collecha Asoleyada, 1989)
- Estudios de diacronía asturiana (1) (Llibrería Llingüística, 2008)
- El habla de Somiedo (occidente de Asturias) (Llibrería Llingüística, 2009)
Notas
editar- ↑ Cascudo, T. (5 de maio de 2016). "Ana Cano: "La oficialidad es la única oportunidad de que el gallego-asturiano sobreviva"" (en castelán). La Nueva España. Consultado o 10 de xullo de 2016.