Ana Blanco

xornalista e presentadora de radio e televisión española
(Redirección desde «Ana Blanco López»)

Ana Blanco López, nada en Bilbao en 1961, é unha pedagoga e xornalista vasca, coñecida por presentar os informativos de TVE desde comezos da década de 1990.

Infotaula de personaAna Blanco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana Isabel Blanco López Editar o valor em Wikidata
28 de novembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLaredo (2024–)
Madrid (década de 1980–2024)
Bilbao (1960–década de 1980) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - pedagoxía, xornalismo (1977, 1981–1981, 1983)
Universidade Autónoma de Madrid - xornalismo
Facultade de Ciencias da Información - xornalismo Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTelejornal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Torrespaña (RTVE) (1990–2024) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentadora de televisión , presentadora de novas , locutor , pedagoga , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata - 2024 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRTVE (1990–2024)
Agencia Pública Empresarial de la Radio Televisión de Andalucía (RTVA) (1990–1990)
Radio Televisión Madrid (1989–1990)
Grupo PRISA (1980–1990) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1396790 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Pedagoxía na Universidade de Deusto, e comezou a súa relación cos medios de comunicación en 1980 mediante colaboracións no programa de radio Los 40 Principales da Cadena SER en Bilbao, que compaxinaba cos estudos.

Entre 1989 e 1990 compaxinou o seu traballo en Radio 16 coa presentación do programa cultural de Telemadrid chamado Zip-Zap. La guía, xunto a Agustín Bravo. En 1990 incorporouse a TVE.

Na tempada 1991/1992 pasou a presentar en La 2, Noticias de La 2, na súa edición de tarde.

Desde o 21 de setembro de 1992 ó 24 de setembro de 1993 presentou o Telediario 2 con Matías Prats. A edición estivo dirixida por Miguel Adrover. Desde o 27 de setembro de 1993 ó 31 de agosto de 1996, presentou Telediario 1, con Matías Prats.

Desde o 8 de setembro de 1996 ó 28 de abril de 1998, volveu presentar Telediario Fin de Semana con Pedro Sánchez Quintana, estando acompañados desde o 5 de setembro de 1997 por Sergio Sauca nos deportes.

Desde o 29 de abril de 1998 ó 31 de xullo de 1998 presentou o Telediario 2 con María Escario nos deportes, relevando a Ernesto Sáenz de Buruaga.

Desde o 31 de agosto de 1998 ó 30 de xullo de 2013, presentou o Telediario 1, relevando a Matías Prats e Almudena Ariza.

Desde o 2 de setembro de 2013 ó 31 de agosto de 2018 presentou o Telediario 2, primeiro con Marcos López até o 1 de xullo de 2014 e en solitario, desde o 8 de setembro de 2014 ó 31 de agosto de 2018; con Jesús Álvarez, nos deportes e Mónica López no tempo. Na edición: María Eizaguirre.[1]

Desde o 3 de setembro de 2018, volve presentar Telediario 1, 5 anos despois, relevando a Pilar García Muñiz.

En todólos seus anos nos servizos informativos de TVE pasou por practicamente tódalas edicións dos Telediarios, ademais de moitos especiais informativos, como os dous dedicados ó primeiro aniversario da morte de Lady Di; o do nacemento do primeiro fillo da Infanta Elena ou a inauguración da Expo de Lisboa 98.

O 13 de xuño de 2016, moderou, xunto a Pedro Piqueras e Vicente Vallés, o debate electoral a 4 da Academia de Televisión -o único da campaña- entre Mariano Rajoy, Albert Rivera, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.[2]

Dende o sábado 9 de setembro de 2023, Ana Blanco presenta Informe Semanal en TVE 1.

Premios editar

  • Premio Antena de Oro, en 1999.
  • Insignia de Caballero de la Orden Nacional del Mérito, en 2005, pola Embaixada de Francia en España.
  • Micrófono de Oro do ano 2005 que concede a Federación de Asociacións de Radio e Televisión.
  • Premio ATV (Academia de Televisión de España) á Mellor comunicadora de informativos en 2000, 2004, 2005, 2010 e 2012,[3] galardón para o que tamén foi nomeada en 1998, 1999, 2002, 2003, 2006, 2007 e 2008.
  • Premio ATV Mellor Comunicadora 10 de informativos, na edición de 2007 a ATV concede os premios ós mellores profesionais da televisión dos últimos 10 anos, e na categoría de mellor comunicador/a de informativos dos últimos 10 anos a premiada foi Ana Blanco.
  • Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio y Televisión.
  • Premio TP de Oro 2007 e 2008 á mellor presentadora de informativos.
  • Premio Manuel Alonso Vicedo do 2008 polo seu estilo imparcial e sobrio.
  • Premio Nacional de Periodismo Pedro Antonio de Alarcón 2011 concedido polo concello de Guadix e a Asociación da Prensa de Granada.
  • Distinción Lan Onari outorgada o 25 de outubro de 2011 polo Goberno vasco en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
  • Premio Ondas Nacional de Televisión á Mellor presentadora entregado o 24 de novembro de 2015.[4]
  • Premio á Traxectoria Jesús Hermida 2018, concedido pola Academia das Ciencias e as Artes de Televisión.[5]

Notas editar

  1. "Elecciones sin Ana Blanco". El Periódico. 15 de maio de 2015. Consultado o 27 de maio de 2016. 
  2. "Ana Blanco presentará Informe Semanal". RTVE. Consultado o 13 de xuño de 2016. 
  3. FormulaTV, ed. (25 de abril de 2013). "Premios Iris 2013 de la Academia TV en directo" (en castelán). 
  4. Blanca Cía y Natalia Marcos (28 de outubro de 2015). El País, ed. "Los Premios Ondas con más pretendientes de la historia". Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  5. El Mundo (ed.). "Ana Blanco, Premio a la Trayectoria Jesús Hermida de la Academia de Televisión" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar