Ana Belén Fortes
Ana Belén Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de setembro de 1967, é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1967 (57 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, editora |
Familia | |
Pai | Xosé Fortes |
Irmáns | Xabier Fortes Susana Fortes Alberto Fortes |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Filoloxía Hispánica na especialidade de galego-portugués.[1] Foi técnica de normalización lingüística e asesora de revistas e audiovisuais. Entre 2003 e 2005 dirixiu Sotelo Blanco Edicións. Como empresaria, é directora de Ardora Comunicación[2] e da editorial Guiverny.[3] Imparte cursos de escritura e de español como lingua estranxeira. Participou no Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Como tradutora (do catalán, portugués, inglés e castelán), verteu ao galego poemarios, novelas, ensaios e guións de cine e foi tradutora-intérprete na Administración de Xustiza. Traballou no Consello da Cultura Galega (Proxecto Sarmiento) e foi coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.
Como profesional da xestión cultural, con formación en igualdade, formou parte de xurados de premios literarios (Manuel Lueiro Rey de Narrativa Breve, Premios da Crítica Galicia, Premio de novela histórica Dona Urraca etc.). Tamén foi comisaria de exposicións (Mulleres no Obxectivo etc.) e directora executiva de audiovisuais (Galicia, resaca atlántica) etc.
Vida persoal
editarÉ filla de Xosé Fortes e irmá de Susana Fortes, Xabier Fortes e Alberto Fortes.[4]
Obras
editarColaboradora habitual na prensa galega (La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego, El País)[5], publicou artigos en revistas especializadas como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Boletín da Real Academia Galega, Tempos Novos, Lateral, Colóquio Letras etc.[6]
- Poesía
- Paso a nivel sin barreras (2012). Editorial Guiverny[7].
- Fallo general del sistema (2016).[8]
- Eclipse (2021).[9]
- Ensaio
- As ideas literarias de Manuel Murguía (1996). USC, tese de licenciatura.[10]
- Manuel Murguía e a cultura galega (2000). Sotelo Blanco Edicións. 100 páxs. ISBN 847824350X.
- "Curros e Murguía”, 2001, e “Cronobiografía” de Curros Enríquez, 2001, Actas do Congreso Curros Enríquez, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004.
- "O Diccionario de escritores gallegos", Boletín da Real Academia Galega, núm. 361 (2000).
- Tradución
- Trece campanadas, 2002 (Trece badaladas) de Suso de Toro ao castelán (Premio Nacional de Literatura 2003).
- El príncipe manco, 2004 (O príncipe manco) de Suso de Toro ao castelán. Con Basilio Losada.[11]
- Hombre sin nombre, 2006 (Home sen nome) de Suso de Toro ao castelán.[11]
- O devorador, 2023 (L'any del devorador) de Emili Piera ao castelán e ao galego.
- Terra de auga, 2023 (Terra d'aigua) de Ramon Guillem ao castelán e ao galego
- Colectivas
- Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa.
- Diccionario da literatura galega I, Autores, 1995, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega II, Publicacións periódicas, 1997, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega III, Obras, 2000, Galaxia.
- Diccionario da literatura galega IV, Termos e institucións literarias, 2004, Galaxia.
- Dicionario de dicionarios da lingua galega, ILG, Santiago de Compostela, .
- Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coordinación. Sotelo Blanco, 2003. ISBN 84-7824-430-1.
- Vintecinco olladas para o século XXI, 2005, coordinación, Sotelo Blanco.[12]
- 1936 / O Estatuto esquecido, 2016, coordinación, Editorial Guiverny.
- Universo Cunqueiro, edición dos textos e coordinación, 2005, Sotelo Blanco.
- Libro do XXV Aniversario de Unións Agrarias, Santiago de Compostela, 2008. Coordinación.
- O cinema e os cines en Santiago, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
- Arquitectura do lume, de Yago Bonet Correa e Sergio Portela, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
- 40 Anos da moda en Galicia, de Fernando Franco, 2021, coordinación, Editorial Guiverny.
- Edición da obra de Frei Martín Sarmiento: De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (Consello da Cultura Galega, 2008, volumes II, III e IV).
Terminoloxía
- Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa.
- Glosarios castelán-galego: das relacións laborais, da construción etc. Confederación de Empresarios de Galicia, 2010.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "Ana Belén Forttes". linkedin.[Ligazón morta]
- ↑ "ARDORA COMUNICACION SL, A CORUÑA - Informe comercial, de riesgo, financiero y mercantil.". www.infocif.es. Arquivado dende o orixinal o 26/08/2021. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 26/02/2021. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ López, Belén (26/8/2021). "Belén Fortes: "A poesía fainos camiñar polo fío da verdade"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Somos lo que leemos". El País (en castelán). 22/4/2011.
- ↑ "Detalles de autor/a". publicacionsperiodicas.academia.gal. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ Fraga, Xesús (5/4/2012). "La retórica preciosista le ha hecho un flaco favor a la poesía". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Belén Fortes: «La poesía tiene la responsabilidad de buscar siempre la verdad»". La Voz de Galicia (en castelán). 14/1/2017. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 18/05/2021. Consultado o 26/8/2021.
- ↑ Ficha de As ideas literarias de Manuel Murguía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- ↑ 11,0 11,1 Ana Belén Fortes Arquivado 25/12/2018, en Wayback Machine. na Biblioteca da Tradución Galega
- ↑ Libro de conmemoración do XXV aniversario de Sotelo Blanco Edicións.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Fortes, Belén (11/3/2022). "¿Qué hacer con el monstruo?", Opinion, La Voz de Galicia (en castelán).
- García, Montse (14/1/2017). "Belén Fortes: «La poesía tiene la responsabilidad de buscar siempre la verdad»". La Voz de Galicia (en castelán).