Ana do Reino Unido

Princesa do Reino Unido
(Redirixido desde "Ana, Princesa Real")

Ana do Reino Unido, a Princesa Real , (Anne Elizabeth Alice Louise; 15 de agosto de 1950), é a única filla da raíña Isabel II do Reino Unido e do seu consorte, o príncipe Filipe de Edimburgo. Ela é a sétima en portar o título de princesa real e a décimo terceira na liña de sucesión ao trono.

Ana do Reino Unido
Princesa Real
Princess Anne October 2015.jpg

Nome completoAnne Elizabeth Alice Louise
Nacemento15 de agosto de 1950
Clarence House, Londres, Inglaterra Inglaterra
Cónxuxe/s
  • Mark Phillips (m. 1973; div. 1992)
  • Timothy Laurence (m. 1992)
Descendencia
Casa realCasa de Windsor
ProxenitoresFilipe de Edimburgo
Isabel II do Reino Unido

Primeiros anosEditar

Dende o momento do seu nacemento, o 15 de agosto de 1950, recibiu o título de princesa Ana de Edimburgo, grazas á patente real que o seu avó, Xurxo VI do Reino Unido emitira en 1948 garantindo devandito título aos fillos do duque de Edimburgo.

O seu bautizo celebrouse na Sala de Música do Palacio de Buckingham, o 21 de outubro de 1950.

A princesa educouse no Palacio de Buckingham e despois no internado Benenden en Kent. Este último permitiu á princesa dominar o idioma francés.

Traballo cos cabalosEditar

A princesa mostrou entusiasmo polos cabalos dende unha temperá idade e dedicoulles parte da súa vida. Competiu nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 co equipo británico. Foi presidenta da Federación Ecuestre Internacional entre 1986 e 1994.

Matrimonio e descendenciaEditar

A súa voda o 14 de novembro de 1973 co capitán Mark Anthony Phillips na Abadía de Westminster foi televisada a todo o mundo.Tiveron dous fillos:

  • Peter Phillips (nado o 15 de novembro de 1977). Casou con Autumn Patricia Kelly (n. 1978). Teñen dúas fillas:

Savannah Phillips (nada o 29 de decembro de 2010) e Isla Phillips (nada o 29 de marzo de 2012).

  • Zara Phillips, MBE (nacida o 15 de maio de 1981). con Michael James Tindall, MBE (n. 1978). Teñen dúas fillas:

Mia Tindall (nada o 17 de xaneiro de 2014) e Lena Tindall (nada o 18 de xuño de 2018).

Os seus fillos non recibiron título nobiliario ningún.

O 20 de marzo de 1974 a princesa sufriu un intento de secuestro infrutuoso.

En 1992 separouse do capitán Mark Phillips e casou co vicealmirante Timothy James Laurence, co que segue casada na actualidade.