Amelia Verdejo Rodríguez

matemática, divulgadora e feminista.

Amelia Verdejo Rodríguez, nada en Bueu en 1956, é unha matemática e divulgadora científica galega.[1]

Amelia Verdejo Rodríguez
Amelia Verdejo Rodríguez.jpg
Nacemento1956
 Bueu
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo
Ocupaciónmatemática
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1978. Doutorouse en Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1997.

Foi docente en institutos de BUP (1979-1992), na USC (1978-79) e na Universidade de Vigo (1992-2018). Profesora de análise matemática da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, tamén é divulgadora da cuestión de igualdade das mulleres científicas.

Escribe e investiga sobre a cuestión da igualdade de xénero na docencia e na historia universal das matemáticas. Destaca a súa labor e loita para a visibilidade das mulleres no eido científico.[1]

ObrasEditar

  • Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas. Ed. Universidad de Vigo (Colección Banda vermella-Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais), Amelia Verdejo Rodríguez 2017.[1][2][3]
  • Mujeres matemáticas. Trece matemáticas, trece espejos. Ed. SM-RSME 2019. Marta Macho Stadler (coordinadora), Amelia Verdejo Rodríguez e outras autoras e autores.[4][5]

RecoñecementosEditar

Accésit a materiais docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo pola iniciativa Matemáticas en pe de igualdade.[6]

NotasEditar