Amelia Lamarque

actriz arxentina de orixe galega

Amelia Lamarque, nada como Amelia Quintela Bouza en Galicia e finada en Bos Aires (Arxentina), foi unha prestixiosa actriz nacional e cantante de tango e boleros arxentina. Irmá de Libertad Lamarque.

Infotaula de personaAmelia Lamarque

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoGalicia Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMorenita Rey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLibertad Lamarque Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0482835 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Amelia naceu froito do matrimonio entre Josefa Bouza Nieto (nada o 12 de xuño de 1864 na Coruña) e Pedro Quintela (nado en 1860). Ó morrer o seu pai moi novo, a súa nai emigrou xunto ós seus cinco irmáns a Arxentina onde coñeceu a Gaudencio Lamarque, polo que adoptou o apelido deste último de maneira artística. Tivo nove irmáns en total: Eduviges, Gonzalo, Elena, Josefa "Pepita", Pedro, Aurora, Libertad —falecida ós catro anos de idade— e Lirio, —tamén falecido ós poucos anos de nado, e Libertad Lamarque.[1]

Foi unha actriz moi destacada da época dourada cinematográfica. Na súa longa carreira tanto en cine como no teatro, compartiu escena con Raimundo Pastore, Angelina Pagano, Ángel Magaña, Agustín Irusta, Ilda Pavone, Margarita Padín, Hugo del Carril, Eva Franco, Niní Marshall, Mecha Ortiz, Amanda Ledesma, Julio Traversa, Malisa Zini e Miguel Gómez Bao.[2]

Filmografía editar

Notas editar

  1. Beltran, Yuk-Moy. "Libertad Lamarque Bouza (1908-2000)". El rincón de los recuerdos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2018. 
  2. Roberto Blanco Pazos, Raúl Clemente: De la Fuga a la Fuga: Diccionario de Films Policiales pág.18, 48 y 484. Editorial Corregidor Buenos Aires 2004

Véxase tamén editar

Bibliografía editar