Ambiórix

xefe da tribo belga dos eburones

Ambiórix (en galo "rei da contorna" ou "rei-protector") era, xunto con Cativolcus, príncipe dos eburóns, dirixente dunha tribo belga do nordeste da Galia (Gallia Belgica), onde se atopa a actual Bélxica. No século XIX, Ambiórix converteuse en heroe nacional belga debido á súa resistencia contra Xulio César, segundo o escrito polo propio César en Commentarii de Bello Gallico.[1]

Infotaula de personaAmbiórix

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoGalia Editar o valor em Wikidata
MorteGalia Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra das Galias Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata

Nome editar

Está polo xeral aceptado que Ambiórix é un nome propio galo formado polo prefixo ambio- xunto con rix ('rei'), mais o significado do primeiro elemento é fonte de debate.[2] Algúns estudosos traducen Ambiórix como 'rei da contorna' ou 'rei do recinto', interpretando ambio- como unha forma tematizada de ambi- ('arredor, a ámbolos lados') que quere dicir 'arredores' ou 'recinto' (cf. irlandés antigo imbe 'recinto').[3][4][5] Outra teoría, proposta por Fredick O. Lindeman traduce Ambiórix como o 'rei-protector', derivando ambio- do protoindoeuropeo *h₂mbhí-péh₃ ('protector'; cf. índico antigo adhi-pá- 'protector, gobernador, mastre, rei').[6][7]

Notas editar

  1. Smith, William (1867). "Ambiorix". En William Smith. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology 1. Boston: Little, Brown and Company. pp. 138–139. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2013. 
  2. Evans 1967, pp. 134–136; Lambert 1995, pp. 116–117; Delamarre 2003, pp. 41–42; Lindeman 2007, p. 53; Toorians 2013, pp. 114–115.
  3. Evans 1967, pp. 134–136.
  4. Lambert 1995, pp. 115–116.
  5. Delamarre 2003, pp. 41–42.
  6. Lindeman 2007, p. 53.
  7. Toorians 2013, pp. 114–115.

Véxase tamén editar

Bibliography editar