Ambásidos
Os Ambásidos (Ambassidae), ou peixes de cristal, son unha familia de peixes mariños e de auga doce, incluída na orde Perciformes. Segundo ITIS este nome de familia non é válido, e admite como correcto o nome máis antigo de Chandidae.
Características
editarSon peixes de tamaño pequeno (cun tamaño máximo duns 26 cm) e o seu trazo característico é que o corpo é semitransparente. A aleta dorsal ten 7 a 8 espiñas e 7 a 11 radios brandos; a aleta anal ten tres espiñas e 7 a 11 radios brandos; as aletas pelviana, unha espiña e 5 radios brandos.
Clasificación
editarDivídense en oito xéneros con 49 especies:
- Xénero Ambassis (Cuvier, 1828)
- Xénero Chanda (Hamilton, 1822)
- Xénero Denariusa (Whitley, 1948)
- Xénero Gymnochanda (Fraser-Brunner, 1955)
- Xénero Paradoxodacna (Roberts, 1989)
- Xénero Parambassis (Bleeker, 1874)
- Xénero Pseudambassis (Bleeker, 1874)
- Xénero Tetracentrum (Macleay, 1883)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ambásidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ambásidos |