Amateur Radio Emergency Service
A Amateur Radio Emergency Service ou ARES (Servizo Radio-Afeccionado de Emerxencia) é un corpo de voluntarios adestrados e autorizados para asistir como servizo público e comunicación de emerxencia nos Estados Unidos e o Canadá. Está patrocinada pola American Radio Relay League (Liga Americana de Transmisores de Radio) e a Radio Amateurs of Canada
Normalmente, a ARES está organizada por cidade e condado e está asociada co concello local ou co goberno do condado. O máis alto na estrutura de mando é o Section Emergency Coordinator (Coordinador da Sección de Emerxencias), ou SEC. Esta persoa é membro do Section Managers Cabinet (Gabinete da Sección de Administradores) responsábel das comunicacións de emerxencia. O SEC ten ás súas ordes ós District Emergency Coordinators (Coordinadores de Emerxencias do Distrito) ou DECs. Cada DEC ten un ou máis Emergency Coordinators (Coordinadores de Emerxencias), ou ECs, traballando para eles.
O EC é o responsábel da organización dun grupo local da ARES.