Amanda Lear

Cantante, actriz, presentadora de televisión, pintora, ex letrista, exmodelo francesa.

Amanda Lear, nada como Tap ou Tapp[1] en 1939,[2][3][4][5][6] é unha cantante, letrista, pintora, presentadora de televisión, actriz e modelo francesa.

Infotaula de personaAmanda Lear

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Cidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaint-Étienne-du-Grès
Nell Gwynn House (en) Traducir
Hotel La Louisiane (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte de Saint Martin
Academia de Belas Artes Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica disco, música pop, new wave, música para bailar, Eurodance (pt) Traducir, música rock, pop dance, Euro Disco (pt) Traducir, Jazz e Italo Disco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoAriola Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlain-Philippe Malagnac (en) Traducir (1979–2000) Editar o valor em Wikidata
ParellaSalvador Dalí Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webamandalear.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0495166 Allocine: 35822 Rottentomatoes: celebrity/amanda_lear Allmovie: p291779 Metacritic: person/amanda-lear
Facebook: reinelear Twitter: reinelear Instagram: amanda.lear MySpace: reinelear Youtube: UC8Cefp6uwyDpN7cRHb4seSQ Bandcamp: amandalearSouncloud: amanda-lear-official Spotify: 0Xkd9GsWwOYETVF0kPXZIG iTunes: 16685636 Last fm: Amanda+Lear Musicbrainz: 2f2608ed-ff2b-400e-b614-8c648bfaae7b Songkick: 154505 Discogs: 51229 Allmusic: mn0000746385 Deezer: 68989 Genius: Amanda-lear Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

As orixes de Lear non están claras, e a cantante deu diferentes informacións sobre a súa ascendencia e mantivo o seu ano de nacemento en segredo para o seu marido.[7] Discutiuse o seu ano e lugar de nacemento, o xénero que se lle asignou ao nacer, os nomes e a nacionalidade do seu pai e o lugar onde creceu. A maioría das fontes indican o 18 de xuño de 1939[4][8] ou o 18 de novembro de 1939 como o seu nacemento, incluída GEMA. Porén, o seu ano de nacemento foi dado como 1941,[9] 1946,[10] e 1950. Durante unha entrevista en 2010 para o xornal francés Libération, Lear amosou o seu carné de identidade ao xornalista, e leu "nada o 18 de novembro de 1950 en Saigón".[11] Non obstante, a data parece fabricada, xa que os rexistros públicos indican que comezou a universidade en setembro de 1964 e que casou en decembro de 1965. Georges Claude Guilbert indica que "a maioría dos biógrafos cren que naceu en 1939, aínda que ela poida declarar o contrario".[3]

Como lugar de nacemento, as versións máis cribles son Saigón e Hong Kong,[7] mais tamén se rumorearon lugares como Singapur, Suíza ou Transilvania. Ela dixo que foi a única filla dos seus pais, que despois se divorciaron.[12] A maioría das fontes, incluído o certificado de voda de 1965 do rexistro de Chelsea,[13] confirman que o seu pai era oficial do exército francés (posiblemente de orixe británica). A súa nai parece que tiña ascendencia rusa-asiática.[14] Segundo a General Register Office for England and Wales, o seu nome de nacemento é Tap.[15][16][13][17][15][18] Segundo a república francesa, o seu nome de nacemento é Tapp.[1][19] Nunha entrevista en 1976 con Carmen Thomas para unha televisión alemá, Lear confirmou que o seu pai era británico e a súa nai rusa e que ambos xa faleceran.[20] Porén, posteriormente afirmou que a súa nai tiña ascendencia francesa.[7]

Lear comezou a súa carreira profesional como modelo a mediados da década de 1960, e traballou con Paco Rabanne ou Ossie Clark, outros artes. Coñeceu o pintor surrealista Salvador Dalí, e continuou a ser unha amiga achegada e a súa musa durante os seguintes quince anos. Lear fíxose coñecida para o público por ser a modelo na carátula do álbum de Roxy Music For Your Pleasure en 1973. Dende mediados da década de 1970 a principios da década de 1980 vendeu un millón de discos, especialmente en Europa continental e Escandinavia, con Ariola Records. Os seus primeiros catro álbums valéronlle unha gran popularidade, entrando no top 10 nas listaxes europeas, incluído Sweet Revenge (1978). Os seus grandes éxitos foron "Blood and Honey", "Tomorrow", "Queen of Chinatown", "Follow Me", "Enigma (Give a Bit of Mmh to Me)", "The Sphinx" e "Fashion Pack".

A mediados da década de 1980, Lear convereuse nunha personalidade dos medios italianos, onde presentou moitos programas de televisión. Aínda que a televisión tivo prioridade sobre a actividade musical,[21] continuou a gravar, experimentando con diferentes xéneros e tratando de revivir a súa carreira volvendo a gravar e mesturar éxitos anteriores. Ademais, desenvolveu unha carreira con éxito na pintura,[22] que describiu como a súa gran paixón,[23] e expuxo regularmente as súas obras en galerías de toda Europa dende os anos oitenta.[24][25] Escribiu varias autobiografías, como My Life with Dalí.

Dende a década de 1990, dividiu o seu tempo entre a música, a televisión, os filmes e a pintura. A pesar de publicar álbums regularmente, non volveu ter grande éxito na música, mentres que a súa carreir televisiva continuou a ser estelar, presentando numerosos programas de televisión en primetime, especialmente en Italia e Francia, facendo tamén aparicións ocasionais en series de televisión e filmes. A finais da década de 2000, Lear reinventouse como actriz de teatro, interpretando obras en Francia. Segundo indicou, vendeu máis de 27 millóns de discos en todo o mundo.[26] Lear é amplamente recoñecida como icona gay.[27][28]

Discografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Nominations dans l'Ordre des Arts et Lettres de juillet 2006". Ministère de la Culture et de la Communication (en francés). Consultado o 6 de xuño de 2010. 
  2. Rosato, Federica (11 de abril de 2020). "Amanda Lear: chi è, età, carriera, curiosità e vita privata". ilcorrieredellacitta.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Guilbert, Georges-Claude (2018). Gay Icons : The (Mostly) Female Entertainers Gay Men Love. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc. p. 101. LCCN 2018019336. 
  4. 4,0 4,1 "Amanda Lear". IMDb. 
  5. Renard, Patrick (xuño de 2013). "Amanda Lear travestie" (PDF). Jukebox magazine (318). p. 28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2019. 
  6. Duchamp, Marcel (2003). Marcel Duchamp & [et] Salvador Dalí (en francés). París, Bordeos: association pour l'étude de Marcel Duchamp. p. 18. OCLC 718104990. 
  7. 7,0 7,1 7,2 D'Souza, Christa (23 de xaneiro de 2001). "Why would I want to kill my husband?". The Daily Telegraph. Consultado o 16 de marzo de 2013. 
  8. "Amanda Lear". Rotten Tomatoes. 
  9. Anthony, Andrew (24 de decembro de 2000). "The bizarre career of Amanda Lear (At the court of Queen Lear)". The Observer. Consultado o 6 de xuño de 2010. 
  10. Neidhart, Didi (24 de febreiro de 2002). "Amanda Lear - In Every Dreamhome A Heartache". Skug.at (en alemán). Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  11. Dahan, Eric (16 de agosto de 2010). "Drôle de dame". Libération (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2020. 
  12. Lear (1985), p. 10.
  13. 13,0 13,1 Gibson, Ian (1998). "14: Amanda Lear and Other Extravagances". The Shameful Life of Salvador Dalí. Nova York: W.W. Norton & Company. ISBN 0-393-04624-9. 
  14. Duchossoy, Anne-Claire. "Biographie Amanda Lear". Music-Story.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2013. 
  15. 15,0 15,1 General Register Office for England and Wales. 4 5A. Chelsea, Londres, General Register Office, Southport, Inglaterra. 1837–2005. p. 1452. 
  16. "Index entry". FreeBMD. ONS. decembro de 1965. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  17. Antonelli, Carla (2003). "Pierrot-Memorias Trans Capitulo 2º". Carla Antonelli.com (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  18. Fallowell, Duncan; Ashley, April (1982). April Ashley's Odyssey. Londres: Jonathan Cape. ISBN 0224018493. LCCN 82145047. OCLC 9491739. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2021. 
  19. Renaud Donnedieu de Vabres (24 de xullo de 2006). Arrêté portant promotion ou nomination dans l'ordre des Arts et des Lettres. Ministerio de Cultura (Francia): República Francesa. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  20. Webtélé Amanda Lear (28 de abril de 2011). "Amanda Lear - Interview "3nach9" (29 de maio de 1976)". YouTube (en inglés e alemán). Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  21. Monica Romanò (2002). "Le trasformazioni di Amanda" (en italiano). gqonline.it. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2003. Consultado o 2018-12-28. 
  22. Weidemann, Carsten (2007-02-15). "Amanda Lear zeigt ihre Malerei" (en alemán). queer.de. Consultado o 2018-12-28. 
  23. Pantella, Marco (22 de outubro de 2014). "An Interview with Amanda Lear". The Ground. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  24. "Eventi Mostre. Sogni Miti Colori 07/06/2008-30/06/2008". Eventi e sagre.it (en italiano). Pietrasanta (LU), Toscana. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  25. "A Londra le esclusive opere di Amanda Lear in mostra con artisti talentuosi". Spoleto Arte.it (en italiano). 10 de maio de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  26. Finos, Arianna (28 de xullo de 2016). "La regina Lear: "Che orrore la disco music, quanta robaccia ho fatto ma non-ho più rimpianti"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  27. "Amanda Lear : l'icône disco en 10 infos croustillantes". Puretrend.com (en francés). 27 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  28. "Amanda Lear is back!" (en polaco). innastrona.pl. 2003. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2006. Consultado o 29 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar