Amancio Lavandeira

político galego
(Redirección desde «Amancio Lavandeira Suárez»)

Amancio Lavandeira Suárez, nado en Seavia (Coristanco) en 1966, é un político galego de Terra Galega.

Infotaula de personaAmancio Lavandeira
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Seavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Coristanco
2015 – 2017
← Antonio Pensado Plágaro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enxeñeiro técnico agrícola, é profesor en Fonteboa, onde imparte clases de tecnoloxía e cultivos. Nas eleccións municipais de 1991 formou parte da lista de Independientes Progresistas, encabezada por un exsocialista (Baustista Fernández) xunto con algúns nacionalistas, se ben o seu líder acabou integrándose no PPdeG no 1992. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato do Terra Galega á alcaldía de Coristanco e foi elixido concelleiro. Repetiu como candidato nas municipais de 2011[1] e volveu ser elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser o candidato de Terra Galega e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG e BNG[2]. Porén, os abandonos do goberno dos socialistas e dos nacionalistas, xunto cunha edil do seu propio grupo, deixárono en minoría. Finalmente, en agosto de 2017 perdeu a alcaldía tras triunfar unha moción de censura encabezada polo ata entón edil socialista Abraham Gerpe (expulsado previamente por encabezar dita manobra), xunto cos 6 edís do PPdeG. Se ben presentou un recurso pedindo a nulidade do pleno da moción, debido a que ó estar Gerpe expulsado do PSdeG facía nulo o seu propio apoio á moción de censura e por tanto esta non contaba coa maioría necesaria para saír adiante. Pero o presidente da mesa de idade da corporación (concelleiro do PPdeG), deu por válido un documento presentado por Gerpe no que se expoñía que non era válida a súa expulsión do partido, dándose por bo o seu voto. Repetiu como candidato de Terra Galega nas municipais de 2019 baixando a 3 concelleiros, sendo a segunda forza fronte a 5 do PPdeG, ante o cal e sen opcións de pacto seguiu na oposición e pasaron a gobernalos populares en minoría. Nas municipais de 2023 retirouse da primeira liña política ó non concorrer nin el nin TEGA ós comicios.


Predecesor:
Antonio Pensado
  
Alcalde de Coristanco
 
2015 - 2017
Sucesor:
Abraham Gerpe

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar