Amador Iglesias Soto

sacerdote e poeta galego
(Redirección desde «Amador Iglesias Souto»)

Amador Iglesias Soto, nado en Vilavella (Triacastela) en 1899 e finado na mesma parroquia o 20 de agosto de 1954, foi un sacerdote e escritor galego.

Infotaula de personaAmador Iglesias Soto
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
Vilavella, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 1954 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Vilavella, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 73916

Traxectoria editar

Comezou os estudos eclesiásticos no mosteiro de San Xulián de Samos, de onde pasou ao Seminario de Lugo, para ser ordenado sacerdote en 1925. Ampliou os estudos para licenciarse en Dereito Canónico en Santiago de Compostela. Foi nomeado párroco de Toldaos en 1928, e nos anos corenta foi destinado a Becerreá. Colaborou en La Voz de la Verdad, La Provincia e El Compostelano. Finou en Vilavella o 20 de agosto de 1954.[1][2]

Obra editar

  • Adiós, Santiago!.[3]
  • Legión de Honor”, 1924 (co pseudónimo El Vate Ignoto).
  • Versos Albores de un Estro, 1925 (co pseudónimo Assiegi Toiso) (poemario bilingüe galego-castelán).
  • Rimas Españolas,” 2 volumes, 1928.
  • Cantaruxando, 1930 (poemario en galego).

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Progreso, 22-8-1954, p. 5.
  2. El Pueblo Gallego, 3-9-1954, p. 8.
  3. Ficha en Galiciana

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar