Amadeo Rodríguez Malvar

mestre e xornalista galego

Amadeo Rodríguez Malvar foi un mestre e xornalista galego.

Amadeo Rodríguez Malvar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestre de instrución primaria. Foi administrador de El Eco de Puente-Caldelas na súa primeira época. Cando o periódico cambiou de orientación e se fixo caciquil, dirixiu La Voz de Puente-Caldelas a principios de 1913, que continuou a liña agrarista de El Eco de Puente-Caldelas. Foi denunciado por inxúrias por Lorenzo García Vidal por algúns artigos e versos publicados no periódico co título "Fazañas de un grilo", e xulgado en agosto de 1913.[1] En setembro foi condenado ao desterro.[2] En maio de 1914 celebrouse o xuízo dunha querela por inxurias graves por denuncia de Adolfo Piñeira.[3] Foi absolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.[4]

Notas editar

  1. El Progreso, 19-8-1913, p. 1.
  2. Noticiero de Vigo, 2-10-1913, p. 1.
  3. El Progreso, 7-5-1914, p. 3.
  4. El Norte de Galicia, 11-5-1914, p. 2.