Amada Traba Díaz

María Amada Traba Díaz, nada en Fisterra o 29 de novembro de 1958, é unha profesora, política e socióloga galega.

Infotaula de personaAmada Traba Díaz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Fisterra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
campus de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , socióloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1962 trasladouse coa súa familia a Vigo. Marchou estudar a Madrid, licenciándose en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense en 1981.[1]

Ten dous fillos e unha filla.

 
Antón Sobral, Amada Traba, Chis Oliveira e Lola Varela na presentación de am@me no Espazo Nemonon de Pontevedra o 03/01/2019.

Actividade docente editar

Profesora Asociada (T3-P6) da Universidade de Vigo desde 1995 no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía impartindo docencia na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra e no POP de Xénero da Universidade de Vigo no módulo de Políticas de Igualdade. Participou no Proxecto de Adaptación ao EEES da titulación de Educación Infantil ACSUG Universidade de Vigo.

Políticas de igualdade editar

Durante anos participou en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, especialmente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación.[2] Nesta liña de traballo das políticas públicas de igualdade pódese sinalar:[1]

  • Colaborou coa Concellería da Muller do Concello de Vigo na elaboración do I Plan de Igualdade das Mulleres de Vigo 1993-1997. 1993-1994 tamén en colaboración coa UVigo na Avaliación do I Plan para a Igualdade de Oportunidades e Trato das Mulleres de Vigo 1993-1997 e no II Plan de Igualdade de Oportunidades e Trato das Mulleres de Vigo. 2001.
  • Colaborou coa Concellaría da Muller do Concello de Redondela en políticas de igualdade no ámbito municipal.
  • Participou no proxecto EQUAL Conta con Elas: da incorporación da perspectiva de xénero.
  • Traballou para a Universidade de Vigo na realización da diagnose da igualdade.
  • Participou no proxecto de investigación da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas: Expectativas e aspiracións educativas e profesionais das mulleres na Universidade de Vigo. Barreiras que as obstaculizan. E tamén: As actividades laborais e empresariais das mulleres no contexto das problemáticas do desenvolvemento local: unha aproximación desde o xénero e o territorio.
  • Participou en numerosos congresos e xornadas e impartiu cursos en diferentes institucións sobre a temática da igualdade e a violencia de xénero.

Actividade política editar

Comezou a súa militancia política como nacionalista no ensino medio, militando en ERGA desde 1974. Mentres vivía en Madrid integrouse na APG e foi fundadora da Asociación Cultural Irmandade Galega. Tras regresar a Galiza integrouse no POG, participando na formación de Esquerda Galega e posteriormente na formación do BNG. Na XI Asemblea da formación política pasou a formar parte do Consello Nacional.

Formou parte en 2015 da candidatura de Compromiso por Galicia ao Concello de Vigo.[3]

Publicacións editar

  • "Género y territorio en el ayuntamiento de Vigo" en Género y espacio en la vida de las mujeres (1995). Revista del Instituto de la Mujer. UIMP de Santander.
  • As mulleres de Vigo hoxe. Avaliación do Primeiro Plan de Igualdade das mulleres de Vigo (1999). Con Bruna, C. e Varela, L.C oncellería da Muller do Concello de Vigo. Déposito legal: VG-507-1999.
  • II Plan municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo 2003-2004. Con Varela, L. Concellería da Muller do Concello de Vigo.[4]
  • Estereotipos de género y demandas educativas universitarias relacionadas con el deporte en Deporte y postmodernidad (2003). Con Benxamín Porto, e Abraham Domínguez. Investigación Social y Deporte nº 6. Madrid. ISBN:84-85977-89-0.
  • Adaptación de Materias ao Crédito Europeo na Titulación de Educación Infantil de Pontevedra. II fase do proxecto ACSUG. ISBN: 978-84-611- 8198-8.
  • II Plan municipal de igualdade das mulleres de Redondela 2006-2009 (2007). Con Varela, L. Concellería da Muller do Concello de Redondela. ISBN: 13:978-84-690-4864-1.
  • "As políticas de igualdade nos concellos" en A Socioloxía e os novos retos. (2007). Universidade da Coruña. Actas do IV Congreso Astur-Galaico de Socioloxía. ISBN: 978-84-9749-245-4.
  • "Aproximación a la realidad de las mujeres emprendedoras del sur de Galicia. Representaciones, trayectorias y estrategias". IX Congreso Español de Sociología. Poder, cultura y civilización (2007) Barcelona.
  • Informe de avaliación da integración da perspectiva de xénero no Proxecto Equal “Conta con elas”. Mancomunidade Área intermunicipal de Vigo. 2007
  • Informe de avaliación dos “Bancos do tempo” do Proxecto “Conta con elas”. Mancomunidade Área intermunicipal de Vigo. 2007
  • Titulación de Educación Infantil, Pontevedra: proxecto ACSUC : adaptación de materias ao crédito europeo (2007). Con Mriam Alvariñas Villaverde e Jorge Soto Carballo. Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, 95 pp.[5]
  • “Feminismo e sociedade laica” en Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir. MNG Mulleres Nacionalistas Galegas, Vigo 2008.
  • A representación feminina no Arquivo Pacheco (2010). Culturagalega.gal[6].[7]
  • Informe diagnose da igualdade na Universidade de Vigo (2010). Consello Social Universidade de Vigo.[8]
  • Informe sobre o machismo na universidade (2011). Andaina.[9]
  • ám@me. Pensar o amor no século XXI (2018). Con Chis Oliveira, Editorial Galaxia. 352 páxs. ISBN 978-84-9151-263-9.[10][11] Segundo a editora: ''é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máís e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor'".[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Curriculum Amada Traba" (PDF). xenero.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-06. 
  2. "Amada Traba". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-07. 
  3. "VIGO. Compromiso por Galicia". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-07. 
  4. Varela Caruncho, Luz; Traba Díaz, Amada (2003). II Plan municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo, 2003-2004. Vigo: Concellería da Muller. ISBN 9788468814070. 
  5. Alvariñas Villaverde, Myriam; Traba Díaz, Amada; Soto Carballo, Jorge (2007). Adaptación de materias ao crédito europeo. proxecto ACSUC. Santiago de Compostela: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. ISBN 9788461181988. 
  6. "A representación feminina no Arquivo Pacheco" (PDF). culturagalega.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07/01/2019. Consultado o 07/01/2019. 
  7. Poncela López, Natalia; Traba Díaz, Amada; Arquivo Pacheco (2010). Mulleres Arquivo Pacheco, Vigo: [exposición. Vigo: Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. ISBN 9788492425181. 
  8. Traba Díaz, Amada; Varela Caruncho, Luz (2010). Informe diagnose da igualdade na Universidade de Vigo. Vigo: Consello Social Universidade de Vigo. ISBN 9788460811015. 
  9. "Informe sobre o machismo na universidade". andaina. 2011-11-30. Consultado o 7/1/2019. 
  10. "Editorial Galaxia crea unha colección de perspectivas feministas" 15/11/2018.
  11. Baena. "A clave do bo amor, ser unha laranxa completa". Atlántico Diario. Consultado o 7/1/2019. 
  12. "ám@me". Editorial Galaxia. Consultado o 7/1/2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar