Amén (en hebreo אָמֵן; así sexa; verdadeiramente)[1] é unha palabra que aparece na Biblia Hebrea e no Novo Testamento como declaración de afirmación que se no xudaísmo desde os seus máis antigos textos e que o cristianismo adoptou, converténdose nunha das aclamacións litúrxicas máis frecuentes [2] e que se emprega para rematar oracións e himnos; adoptado tamén no islam emprégase no Corán e mais é a conclusión habitual da duʿāʾ (súplica).

"Amén" adornado do libro iluminado do Sermón da Montaña deseñado por Owen Jones, publicado en 1845.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para amén.
  2. PÉREZ-RIOJA, José Antonio (1971). Diccionario de Símbolos y Mitos. Madrid (España): Editorial Tecnos. p. 60. ISBN 84-309-4535-0.