Amélia Muge, nada en Maputo (Mozambique) o 7 de febreiro de 1952, é unha cantora, instrumentista, compositora, e letrista portuguesa. Vive en Portugal desde 1984. Estudou Belas Artes e Historia.

Amélia Muge
Nacemento1952
Lugar de nacementoMaputo
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade Eduardo Mondlane
Ocupacióncantante, compositora e compositora de cancións
Na rede
MySpace: ameliamuge Musicbrainz: 4b40e6cd-5019-4854-b247-1d7ea6097810 Discogs: 196066 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla dunha familia de músicos, publica o seu primeiro traballo Múgica no ano 1992, producido por Antonio José Martins. O disco terá unha gran repercusión no circuíto universitario portugués. O segundo traballo contará co apoio de José Mário Branco, con que colaborará no 1995 no disco homenaxe a José Afonso Maio Maduro Maio.

A súa música é unha mestura de tradición e innovación. Partindo da música tradicional portuguesa e africana consegue introducir elementos da modernidade. Para iso emprega tanto intrumentos tradicionais como novas tecnoloxías. Ten musicado tanto poemas da súa propia autoría como poemas de varios poetas da lingua portuguesa, onde destacan Fernando Pessoa, Cesário Verde e Grabato Dias, sen esquecer os poemas de orixe tradicional.

No ano 2006 participou na iniciativa Cantos na Maré. Tamén ten colaborado con artistas de lingua galega como Uxía, Amancio Prada ou o grupo de folk Xeque Mate. Tamén participou no concerto Galiza a José Afonso, no ano 1985.

Discografía editar

  • Múgica (1992)
  • Todos os Dias (1994)
  • Maio Maduro Maio (1995)
  • Taco a taco (1998)
  • Novas vos Trago (1998)
  • A Monte (2002)
  • Não Sou Daqui (2006)