Alvalade, Lisboa
Coordenadas: 38°44′49″N 9°08′10″O / 38.746944444444, -9.1361111111111
Alvalade é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa. Nela localízase a sede principal da Universidade de Lisboa. No ano 2021 contaba con 33 309 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 6 237,6 hab./km².
Alvalade | |
---|---|
Igrexa de São João de Brito. | |
![]() | |
Concello | Lisboa |
País | ![]() |
Superficie | 5,34 km² |
Poboación | 33.309 hab. (2021) |
Densidade | 6.237,64 hab./km² |
XeografíaEditar
Situada a unha altitude media de 88 msnm, a freguesía ocupa unha pequena extensión, apenas 5,34 km².
HistoriaEditar
O nome de Alvalade parece ter orixe no nome árabe Al Balade, que significa "lugar habitado e amurallado". Aí tivo lugar, arredor de 1321, a batalla de Alvalade, entre Dinís e o futuro Afonso IV.
Esta freguesía foi creada en 1959 pola escisión da freguesía de Campo Grande, cunha área total de 0,58 km² e 9 620 habitantes (2001). Tras a reorganización de freguesías de 2012, a freguesía de Alvalade absorbeu as de Campo Grande e São João de Brito.
GaleríaEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alvalade, Lisboa |