Altrosa[1].

Molécula de altrosa.

Fórmula liñal.
Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol
Abreviatura Alt
Fórmula química C6H12O6
Masa molecular 180.16 g mol−1
Punto de fusión 103-105 °C
Número CAS D:1990-29-0
L:1949-88-8

A altrosa é un monosacárido de seis átomos de carbono (hexosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que pertence ao grupo das aldohexosas. O isómero D é un monosacárido artificial, pero a L-altrosa foi illada de certas estirpes da bacteria Butyrivibrio fibrisolvens.[2]. É soluble en auga e practicamente insoluble en metanol.

Isómeros editar

A altrosa é un epímero no carbono 3 da manosa. En disolución acuosa o isómero predominante é a forma β-D-altropiranosa (40%)[3].

Isómeros da D-altrosa
Forma liñal Proxección de Haworth
 
<1%
 
α-D-altrofuranosa
20%
 
β-D-altrofuranosa
13%
 
α-D-altropiranosa
27%
 
β-D-altropiranosa
40%

Notas editar

  1. Merck Index, 11th Edition, 319
  2. US patent 4966845 "Microbial production of L-altrose", granted 1990-10-30, assigned to Government of the United States of America, Secretary of Agriculture.
  3. (en alemán) Dr. Jürg Hunziker, "Kohlenhydratchemie": http://dcbwww.unibe.ch/groups/hunziker/teaching/carbohyd/Kap_02/209konfo.html Arquivado 10 de maio de 2008 en Wayback Machine.. 01. April 2007

Véxase tamén editar

Outros artigos editar