Altiplano, Murcia
O Altiplano é a comarca máis setentrional da Rexión de Murcia. Limita ao leste co Alt Vinalopó e o Vinalopó Mitjà (na provincia de Alacant); ao sur coa Comarca Oriental e a Vega Alta del Segura, ao oeste á Comarca de Campos de Hellín, e ao norte á Comarca de Almansa (na provincia de Albacete).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia ![]() | ||||
Capital | Yecla ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 63.220 (2024) ![]() | ||||
Está constituída polos municipios de Yecla e Jumilla e conta con 56.134 habitantes. Yecla ten a aldea de Raspay e Jumilla ten 13 pedanias o aldeas : A Estacada, a Alquería, Santa Ana, Fuente del pino, Cañada del trigo, Torre del Rico, Carche, a Raja, As Encebras, A Zarza, A Alberquilla, Román, Término de Arriba entre outras casas rústicas Está formada por anchos vales de certa altitude relativa atravesados por unha rede de corgos, a maioría das cales verten as súas augas ao río Segura a través dos corgos do Judío e do Muro. Os vales do Altiplano están rodeados por diversas serras pertencentes ao sistema prebético, entre as que destaca a Serra do Carche como máxima altitude. Destaca pola súa vitivinicultura.
Concellos
editarConcello | Extensión (km²) |
Poboación (hab.) |
Densidade (hab./km²) |
---|---|---|---|
Jumilla | 972 | 25.348 | 24,9 |
Yecla | 607,7 | 30.824 | 55,2 |
1579,7 | 56.208 | 35,58 |